Actividades da exposición do Kiosco Alfonso “Xavier. Momentos naturais”, do artista Xavier (03.12.2025 ao 26.02.2026)
Para público en general
Desde el 03/12/2025 hasta el 26/02/2026
Kiosco Alfonso. Jardines de Méndez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña
inscrición previa
Obradoiros en familia:
O XARDÍN CIRCUNFLEXO: Paisaxes orgánicas.
Deseñaremos e construiremos un xardín orgánico, conformado por criaturas paisaxe; híbridos vexetais, minerais e animais, que configurarán un Todo vivo e interrelacionado. Unha paisaxe orgánica máxica, na que os soños poderán cobrar vida. Cada familia deseñará a súa propia paisaxe orgánica en forma de diorama, ao que lle farán fotografías de recordo.
Destinatarios: nenas e nenos a partir dos 5 años de idade, acompañados por unha persoa adulta.
Datas e horario: Sábados 14 e 21 de febreiro ás 12.00 h
Lugar: Sala municipal de exposicións Kiosco Alfonso
Duración: 60 min.
Información e reservas: ludidactica@gmail.com
Obradoiros de gravado:
DO GRAVADO Á ESTAMPACIÓN, con Xavier e Bérengère Lipreau
Xavier traballa cos obradoiros de gravado e litografía máis importantes de París desde sempre, facendo dos artesáns da estampación os seus compañeiros de viaxe e, co tempo, amigos e cómplices entrañables do seu traballo. Foi no famoso obradoiro de René Tazé onde comezou a súa colaboración con Bérengère Lipreau en 2019 e, desde entón, non deixaron de traballar xuntos, formando un dúo no que gravador e estampadora fusionan as súas visións da obra.
Para Xavier, facer un taller de gravado é algo excepcional, xa que para el a arte non é unha cuestión de ensinanza. O que se pretende lograr nesta master class é revelar parte desa maxia do traballo de gravado e todas as técnicas posibles para acadar o resultado desexado.
Presentar este taller con Bérengère Lipreau, herdeira indiscutible do savoir-faire tipicamente francés e de René Tazé -quen lle ensinou, ao longo de anos de práctica, todas as técnicas de estampación-, é a forma ideal de comunicar esta paixón que impulsa a Xavier desde os seus comezos.
Programa:
Martes 24 de febreiro:
9.00 - 10.30 h: Recepción do alumnado no Kiosco Alfonso e presentación das técnicas de gravado utilizadas por Xavier.
11.00 - 14.30 h: Taller en EASD Pablo Picasso, realización polos alumnos dunha placa coa técnica do azucre e "morsure au lavis d'acide"
14.30 - 16.00 h: Pausa comida
16.00 - 20.00 h: Taller en EASD Pablo Picasso, impresión dos gravados
Mércores 25 de febreiro:
10.00 - 15.00 h: Taller en EASD Pablo Picasso, demostración dos modos de impresión con diferentes técnicas.
17.00 - 20.00 h: Visita á exposición no Kiosco Alfonso e conclusión do taller con presentación dos traballos.
Destinatarios: Público xeral e alumnado da EASD Pablo Picasso
Datas: 24 e 25 de febreiro de 2026
Lugar: Sala de exposicións Kiosco Alfonso e EASD Pablo Picasso
Número de prazas: 12 (6 prazas para o público xeral + 6 prazas para alumnado da EASD)
Información e reservas: ate o 19 de febreiro na oficina da EASD Pablo Picasso, en horario de 10 a 14 horas. Deberá presentarse unha copia do DNI e o seguinte formulario, debidamente cumplimentado:
https://eapicasso.com/wp-content/uploads/2026/02/formulario_taller_Xavier_Berengere_EASDPP_edit.pdf
Actividades relacionadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible