Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Emprendemento Coruña: creActiva

O Concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema Suárez, comprácese en achegarlle a información relativa ás Xornadas creActiva, arte e cultura como medio e opción de vida, que se realizarán no marco do Programa EMPRENDEMENTO CORUÑA, e que terá lugar os próximos días 15 e 16 de setembro de 2017 nas instalacións do centro municipal de co-working ACCEDE Papagaio.

A quen vai dirixido?:

Persoas, empresas e colectivos que desexen compartir impulso.

Cando:

Dende o 15/09/2017 ata o 16/09/2017

Este evento xa rematou

Horario:

Venres día 15 de setembro de 10 a 13.30 horas e de 16 a 19.30 horas

Sábado día 16 de setembro de 10 a 14.30 horas

Enderezo:

Centro Municipal de Empresas - Accede Papagaio. Rúa Hospital 19, Sótano. 15001 A Coruña

Prezo:

Pídese inscrición previa

Organizador:

Departamento de Promoción Económica

O Programa Emprendemento Coruña é unha aposta por facilitar un espazo de encontro e xeracion de ideas, de asesoramento, formación e axudas á creación de empresas e ao fomento da actividade emprendedora: innovadora, sustentable, internacional e da economía creativa; así como de actividades informativas e de networking dirixidas a todas as persoas interesadas en emprender e entidades que están a traballar no ámbito do emprendemento innovador e emerxente.

creActiva, arte e cultura como medio e opción de vida.

Xornadas para a xeración de ideas, networking, detección de necesidades e creación de sinerxías entre os axentes que están a revolucionar a economía creativa a nivel local: artes plásticas, cultura, industria creativa, márketing dixital, animación, videoxogos, publicidade, novas tecnoloxías aplicadas á creatividade etc.

Encontros dirixidos a iniciativas do sector cultural e da industria creativa.

Programa

As experiencias que nos inspiran (en aberto)

Venres, 15 de setembro | 10.00 - 13.30 h:

- Olga Osorio, realizadora e produtora de cinema (Miss Movie)

- Manel Cráneo, artista multidisciplinar e produtor cultural (Demo editorial e Planeta Mincha)

- Cecilia Portela, deseñadora de moda (Makta)

As redes que nos sosteñen (inscrición previa)

Venres, 15 de setembro | 16.00 - 19.30 h

As conexións que nos impulsan (inscrición previa)

Sábado, 16 de setembro | 10.00 - 14.30

+inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión