Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de agosto de 2026

A campaña reforza a aposta municipal pola mobilidade sostible e incorpora tamén un 30% de desconto na recarga de vehículos eléctricos

O Concello e Telpark renovan a campaña de descontos Multipass para facilitar o acceso ao comercio local durante o mes de setembro

A iniciativa estará dispoñible entre o 7 e o 29 de setembro no aparcadoiro municipal da Fábrica de Tabacos, con bonos de 12 horas por 1,99 euros

O Concello da Coruña e Telpark renovan a súa colaboración para impulsar unha nova campaña de descontos nos bonos Multipass, unha iniciativa orientada a facilitar o acceso ao centro urbano durante o mes de setembro e apoiar a actividade do comercio e da hostalaría local. A promoción estará vixente entre os días 7 e 29 de setembro no aparcadoiro municipal da Fábrica de Tabacos.

A través desta campaña, a cidadanía poderá adquirir bonos Multipass que permitirán estacionar ata 12 horas por 1,99 euros, en modalidades de 5, 10 e 20 usos. Os bonos, cunha validez dun ano, estarán dispoñibles a través da aplicación Telpark e permitirán acceder ao aparcadoiro mediante lectura automática da matrícula, sen necesidade de retirar ticket nin realizar pagamentos no momento da saída. Ademais, a matrícula asociada ao bono poderá modificarse de forma sinxela desde a propia aplicación, facilitando o seu uso para distintos vehículos.

A iniciativa dá continuidade á experiencia posta en marcha durante a campaña das rebaixas de xaneiro, coa que o Concello abriu unha nova vía de colaboración co sector privado para promover unha mobilidade máis eficiente e favorecer a actividade económica da cidade. A campaña coincide nesta ocasión co regreso á actividade habitual tras o período estival, cando aumenta a afluencia ao centro por motivos laborais, comerciais, educativos e de lecer.

O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, destacou que "esta colaboración permite seguir desenvolvendo medidas que facilitan o acceso ao centro da cidade, favorecen a actividade do comercio e da hostalaría e ofrecen alternativas cómodas e accesibles para a mobilidade diaria. Apostamos por iniciativas que contribúan a dinamizar a economía local ao tempo que fomentan un uso máis eficiente dos aparcadoiros públicos".

A campaña incorpora tamén un incentivo adicional para promover a mobilidade sostible. As persoas que adquiran un bono Multipass poderán beneficiarse dun 30% de desconto na recarga de vehículos eléctricos nos aparcadoiros Telpark dotados deste servizo ata o 31 de decembro de 2026.

Segundo os datos do informe Telpark Impacta 2026, o apoio ao comercio local é o principal beneficio que a cidadanía atribúe aos aparcadoiros para o 43% das persoas condutoras, mentres que case a metade afirma que a dispoñibilidade de estacionamento condiciona a planificación dos seus desprazamentos. Ademais, as compras, as xestións e os recados sitúanse entre os principais motivos polos que a cidadanía se despraza habitualmente ao centro das cidades.

Pola súa banda, Telpark subliña que esta colaboración co Concello permite ofrecer solucións dixitais que melloran a experiencia das persoas usuarias, favorecen unha mobilidade máis sostible e contribúen a reforzar a actividade económica e comercial do centro urbano.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión