Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

12 de abril de 2023

O Goberno municipal aproba a Oferta Pública de Emprego deste ano 2023, con 94 prazas en total e un reforzo de ata 44 novos policías locales

A estas 30 prazas destinadas ao Corpo policial, que se ofertarán en réxime de quenda libre, sumaranse outras 14 prazas dispostas por quenda de mobilidade, tal e como marca a normativa

Este mércores, a Xunta de Goberno Local deu luz verde á Oferta Pública de Emprego (OPE) do Concello prevista para este ano. Tal como e explicou hoxe a alcaldesa, Inés Rey, en base ao máximo que permite a lei mediante a taxa de reposición, a OPE suma 94 postos, aos que habería que restar as nove incorporacións xa realizadas neste exercicio, polo que a cifra final de prazas a convocar é de 85 prazas  -72 para sectores prioritarios e 13 para sectores non prioritarios-.

Destas 85 prazas que se ofertarán este ano, un total de 30 están adscritas á Policía Local -ás que hai que sumar as cinco incorporacións za realizadas este ano ao Corpo, con efectivos procedentes da quenda de mobilidade-, 5 prazas para reforzar o servizo municipal de Bombeiros, 9 prazas de persoal administrativo e 5 prazas de auxiliar administrativo, entre outras.

Ademais, na Xunta de Goberno Local se estableceu o número de prazas e categorías que se cubrirán tamén na Policía Local pola quenda de mobilidade, tal e como marca a normativa vixente. Este ano serán 14: dez prazas de policía, dúas de oficial, unha de inspector e otra de inspector principal. No caso de cubrirse na súa totalidade, estas 14 prazas asociadas á quenda de mobilidade sumaranse ás 30 prazas en réxime de quenda libre que inclúe a Oferta Pública de Emprego, o que suporá a entrada de 44 novos axentes na Policía Local.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión