Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Proxecto Conserxarías municipais: Programas de Garantía Xuvenil 2025 – Concello da Coruña

Objeto:

Contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

O Concello da Coruña ten concedida unha subvención no marco da Orde do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE Galicia 2021-2027 - Convocatoria 2025.

Esta convocatoria ten por obxecto o financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro para a contratación durante nove meses de persoas mozas, rexistradas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.

Esta convocatoria ten por finalidade mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas que non estudan nin traballan, inscritas como beneficiarias no Sistema nacional de garantía xuvenil, mediante a prestación de servizos que posibiliten ás persoas participantes a realización dun traballo efectivo que lles procure unha práctica profesional necesaria para a súa integración sostible no mercado de traballo.

¿A quién va dirigido?:

As axudas recollidas nesta convocatoria están cofinanciadas nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE Galicia 2021-2027, dentro do obxectivo político 4 «Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais», prioridade 5 «Emprego xuvenil», obxectivo específico ES04.1. «Mellorar o acceso ao emprego e a medidas de activación de todas as persoas demandantes de emprego, e en particular das persoas mozas, especialmente a través da aplicación da garantía xuvenil, dos desempregados de longa duración e os grupos desfavorecidos no mercado laboral, e das persoas inactivas, así como mediante a promoción do emprego por conta propia e a economía social», e medida 5.A.02. «Facilitar a mellora da empregabilidade das persoas mozas desempregadas».

Requisitos:

As persoas mozas traballadoras que sexan contratadas para a realización dos servizos polos que se outorgue a subvención deberán cumprir, en todo caso, os requisitos seguintes no momento da selección e da formalización do contrato de traballo:

- Ter feitos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, de conformidade co artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.

- Ser desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.

- Estar inscritas como beneficiarias no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Concello da Coruña como entidade beneficiaria da subvención realizou o procedemento de selección a través do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e contratou a 4 persoas que desenvolven o seu traballo nas conserxarías municipais.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión