7 de octubre de 2023
A concelleira Yoya Neira destacou o compromiso do Concello coa mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade
A concelleira da Área de Benestar Social, Yoya Neira, participou esta mañá no acto de apertura da sexta edición do Encontro de Mulleres Xordocegas, unha iniciativa promovida polo Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030, a Fundación ONCE e a Federación de Asociaciones de Personas Sordociegas de España (Fasocide).
A Coruña acolle por primeira vez este encontro, que comezou este venres e rematará mañá, nunha edición de tres días consecutivos orientados á posta en común e á exposición de iniciativas para educar en igualdade co obxectivo de previr a violencia.
Este sábado, Yoya Neira destacou o compromiso do Concello coa mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade, e puxo en valor o amplo abano de iniciativas sociais impulsadas polo Goberno de Inés Rey para colaborar coas entidades do terceiro sector e as persoas voluntarias.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible