Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Outubro Trans

Outubro Trans

Desde o ano 2009, convócase o Día Internacional de Acción pola Despatoloxización Trans con actividades en diferentes rexións do mundo ao longo do mes de outubro.

Os obxectivos principais desta acción son a visibilización da situación das persoas trans así como das súas reclamacións: a retirada da clasificación dos procesos de tránsito entre os xéneros como trastorno mental dos manuais diagnósticos (DSM da American Psychiatric Association e CIE da Organización Mundial da Saúde), o acceso a unha atención sanitaria trans-específica publicamente cuberta, o cambio do modelo de atención sanitaria trans-específica, desde un modelo de avaliación cara a un enfoque de consentimento informado, o recoñecemento legal de xénero sen requisitos médicos, a depatoloxización da diversidade de xénero na infancia, así como a protección contra a transfobia.

Con motivo deste día, o Concello da Coruña organiza durante o mes de outubro diversos actos para visibilizar os obxectivos e accións desta campaña. Entre eles, realizaranse os seguintes:

a. Exposición "Referentes Trans" que busca visibilizar, dar exemplo e empoderar a persoas tras, a través da biografía de diversos referentes do colectivo.

b. Xornada de charlas e debate "Realidades Trans" para abordar as diferentes realidades trans en diversos ámbitos da vida como o laboral, o educativo ou o sanitario.

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión