Co gallo da conmemoración do día 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación, pon en marcha a campaña "Se cres que non existe, fai que non exista. Lidera o cambio" cuxa finalidade é informar e concienciar, dun modo proactivo, á cidadanía sobre esta problemática, facendo especial fincapé na poboación máis nova.
Os obxectivos da campaña son a abordaxe da violencia de xénero por parte da adolescencia e a mocidade, contando coa súa opinión; a difusión de indicadores de detección, roles e consecuencias da violencia de xénero sobre a saúde das e dos menores, con especial fincapé nas familias e a comunidade educativa; o desenvolvemento de actividades que contemplen a adquisición de coñecementos e o desenvolvemento de habilidades relacionadas coa educación, a expresión emocional e os seus efectos positivos; promover accións que incidan na sororidade entre mulleres novas e adultas; motivar o papel protagonista da adolescencia e mocidade en relación co uso da internet e as Redes sociais a través dun activismo positivo e transformador.
Desde o 16 de novembro ata o 15 de decembro desenvólvense diferentes actividades que se poden consultar no programa, nas que, ademais de solicitar a participación e colaboración da cidadanía, repartiranse materiais divulgativos.
Concello dá Coruña | 25-N: Voces contra a violencia from Concello dá Coruña on Vimeo .
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible