Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ludotecas coeducativas

QUE SON?

Son espazos socioeducativos nos que se realizan actividades dirixidas tanto á poboación infantil como ás unidades familiares de referencia e nas que se favorece o desenvolvemento persoal, social, afectivo e cognitivo do/da menor a través do xogo e do xoguete.

As actividades que se realizan nestes espazos cos e coas menores organízanse da seguinte maneira: xogo de libre acceso; actividades de animación sociocultural etc. Non se realiza apoio escolar, nin actividades relacionadas co reforzo educativo ou a aprendizaxe de técnicas de estudo.

Todas as actividades desenvolvidas promoverán a educación para a igualdade, ben con carácter específico ou ben de modo transversal.

A quen vai dirixido?:

Unidades familiares con necesidades de conciliación e que teñan menores entre os 4 e 12 anos ou que estean a cursar 1.º de educación infantil.

Organiza:

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación

Requisitos:

1. Xerais:

  • Necesitar medidas de conciliación da vida persoal, familiar ou laboral no termo municipal da Coruña.
  • Estar empadroado ou empadroada no termo municipal da Coruña.
  • Que se cumpran algunha das seguintes casuísticas: motivos laborais, participación en cursos de formación para a mellora da empregabilidade e a inserción laboral, realización de entrevistas de traballo, situacións puntuais de emerxencia familiar ou acudir a citas de ámbito xudicial, psicolóxico, social, sanitario, educativo ou a actividades de participación social. (terán que ser acreditadas).
  • Tamén se valorarán as seguintes demandas:
    • Que o/a menor estea a cursar estudos nun centro de ensino domiciliado no termo municipal da Coruña.
    • Que o/a persoa responsable do/a menor realice a súa actividade profesional nun centro de traballo domiciliado no termo municipal da Coruña.

2. En períodos vacacionais:

  • Participación en cursos de formación para mellora da empregabilidade, debidamente acreditados e vinculados ao cobro dunha prestación pública. Non se contempla outro tipo de motivación, salvo aquelas casuísticas determinadas a criterio técnico.

LOCALIZACIÓN E HORARIOS

Localízanse nos centros cívicos de:

ESPAZOS PERÍODO LECTIVO PERÍODOS NON LECTIVOS
Centro Cívico Monte Alto

15:00 a 20:30 h

*
Centro Cívico Mesoiro

16:30 a 20:30 h

SÁBADOS 10:30 a 13:30 h

*

*En períodos non lectivos, funcionan como Espazos de Atención á Infancia.

Nota: para os efectos da aplicación dos horarios, consideraranse períodos lectivos e non lectivos os que estableza a Xunta de Galicia no calendario escolar de cada curso para o nivel de educación infantil e primaria na respectiva orde da Consellería responsable de Educación da Xunta de Galicia. Considerásense períodos non lectivos os das vacacións de Nadal, Entroido, Semana Santa e verán do calendario escolar. Tamén se consideran días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e as festas laborais de carácter local publicadas pola mesma consellería.

HORAS DE USO

PERÍODO LECTIVO

Con carácter xeral, cada menor fará uso das ludotecas coeducativas ata un máximo de 40 horas totais ao mes, coa finalidade pedagóxica de fomentar, na medida do posible, un tempo compartido entre as persoas responsables do/da menor e os seus fillos/as. En todo caso, as circunstancias persoais e familiares das distintas unidades familiares serán valoradas polo equipo do Servizo Municipal de Canguraxe.

PERÍODO NON LECTIVO

Non existe un número máximo de horas.

RESERVA DE PRAZA

PERÍODO LECTIVO

  • Chamando ao teléfono do Servizo Municipal de Canguraxe ( 673 132 372), en horario de 8:00 a 14:00 horas de luns a venres (non festivos), para solicitar ludoteca específica, días e horarios de atención necesarios como mínimo a semana anterior ao uso do servizo.
  • En caso de urxencia poderase chamar o mesmo día de atención en horario de 8:00 a 14:00 horas.

PERÍODO NON LECTIVO

  • Realizando unha preinscrición 15 días do inicio de cada período vacacional escolar antes ( contados de luns a venres, salvo festivos) , a través dos seguintes medios:
    • Presencial: en calquera Espazo de Atención á Infancia, Ludoteca Coeducativa en horario de atención de cada un deles, ou no Servizo Municipal de Canguraxe situado no CIM.
    • Telemática: cubrindo un formulario en liña situado na páxina web de Igualdade e Diversidade.

ASIGNACIÓN DE PRAZA

PERÍODO LECTIVO

  • Darase cobertura a toda a demanda das unidades familiares ata completar o número total de prazas existentes en cada unha das ludotecas coeducativas. Para iso, establecerase como criterio a orde de chamadas recibidas no teléfono do servizo de canguraxe.

PERÍODO NON LECTIVO

  • Unha vez recollida a demanda de preinscrición, o persoal técnico municipal en función dos datos recollidos no expediente (ingresos económicos, tipoloxía e número de membros da unidade familiar, casuística de acceso, mulleres que sofren violencia de xénero e existencia ou non de rede socio familiar de apoio), procederá a asignar as prazas segundo o solicitado polas unidades familiares. Todas as unidades familiares que presenten a preinscrición dentro do prazo sinalado e cumpran cos requisitos, non quedarán exentas de asignación de praza. O número de días asignados variará en función da demanda existente en cada espazo. Terán prioridade na asignación:
    • Mulleres en situación de violencia de xénero
    • Unidades familiares monomarentais, monoparentais e numerosas
  • Posteriormente publicaranse as listas dos/as menores admitidos/as que poderán ser consultados nos propios Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas Coeducativas, chamando ao servizo 010 ou ao Servizo Municipal de Canguraxe.
  • Unha vez asignadas as prazas, os períodos denegados ás unidades familiares serán considerados "lista de espera". Cando queden prazas vacantes contactarase telefonicamente coa persoa responsable do/da menor para trasladarlle os días dos que se dispón.
  • As causas sobrevidas fóra do prazo de preinscrición das unidades familiares dadas de alta no servizo, recolleranse e incorporaranse ao final da lista de espera.

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión