Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de octubre de 2023

Cometas ao vento na Torre para visibilizar a importancia da saúde mental

O Concello da Coruña e a Fundación Salma organizan mañá, domingo 8 de outubro, a terceira edición deste encontro

Mañá, 8 de outubro, os arredores da Torre de Hércules volverán a encherse de cometas de cores para visibilizar a importancia da saúde mental e os seus coidados. Trátase da terceira edición desta actividade que organiza o Concello da Coruña da man da Fundación Salma, unha entidade sen ánimo de lucro que traballa dese 2020 para mellorar as condicións das persoas con problemas de saúde mental.

A concelleira da Área de Benestar Social, Yoya Neira, explicou que "a sociedade empeza a tomar conciencia da importancia da saúde mental e as administracións públicas, na medida das nosas competencias, temos que dar pasos na mesma dirección". Nesa liña, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, xa anunciou o pasado 25 de setembro que o Concello da Coruña está dando pasos para a posta en marcha do primeiro Plan Municipal de Saúde Mental cuxa redacción iniciará antes de final de ano. "É unha ferramenta que nos permitirá ter unha fotografía fiable sobre as necesidades e os recursos cos que conta a cidade neste ámbito" explicou a edil.

O Goberno de Inés Rey, en colaboración coa Fundación María José Jove, impulsou no pasado mandato un programa pioneiro orientado á xuventude para a prevención das condutas autolesivas. O 'Programa Norte', que conta con 65 prazas cada ano, diríxese á mocidade de entre 18 e 30 anos en situación de risco emocional. "A iso sumamos todas as accións vinculadas coa loita contra a soidade non desexada a través de Coruña Acompaña, dirixido aos nosos maiores que tamén son poboación diana en materia de saúde mental" sentenciou Neira.

O acto, que terá lugar ás 12.00 horas na Torre de Hércules, conmemorará por adiantado o Día da Saúde Mental, que se celebra o vindeiro 10 de outubro.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión