Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de agosto de 2019

II Convocatoria do Programa de actividades socioculturais da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación

Os vindeiros 2, 3 e 4 de setembro abrirase a preinscripción das actividades socioculturais dos centros cívicos municipais

A Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación oferta unha ampla gama de actividades e talleres dirixidos a todos os sectores de poboación,  cuxa consulta pode facerse nos propios centros cívicos municipais ou na web da concellaría: www.coruna.gal/serviciosociales/es

DATAS IMPORTANTES PARA PARTICIPAR NA  II CONVOCATORIA:

  • Datas para facer a preinscrición: 2,  3 e  4 de setembro (luns, martes e mércores).
  • Horario para facer a preinscrión: 10:30 a 13:30 /  17:00 a 20:00 h.
  • Sorteo: 4 de setembro ás 20:15 h
  • Publicación das listaxes  provisionais de persoas admitidas: 20 de setembro.
  • Datas para facer a inscrición: 23, 24 e 25 de setembro (luns, martes e mércores).
  • Horario para facer a inscrición: 10:30 a 13:30 e de  17:00 a 20:00 h
  • Comezo das  actividades: na semana do 24 ao 29 de setembro (cada actividade no día da semana que lle corresponda).
  • Fin das  actividades: na semana do 10 ao 15 de setembro (cada actividade no día da semana que lle corresponda)
  • Comezo actividades: 30 de setembro (luns)
  • Fin de actividades: 15 de decembro (domingo)
  • Número de  semanas de actividade: 11
  • Festivos nos que non haberá  actividades socioculturais: 12 de outubro (sábado), 1 de novembro (venres), 6 de decembro (venres), 8 de decembro (domingo)
  • Pontes: Nesta convocatoria non se fará ningunha  ponte

PARA SOLICITAR A ADMISIÓN NAS ACTIVIDADES:

Os requisitos de participación no programa de actividades socioculturaispodense consultar nos centros cívivcos municipais,na páxina web da Concellaría de Xustiza Social e Coidados ou directamente na ligazón: www.coruna.gal/servizossociais/gl/actividades/normas-xerais?argIdioma

As persoas interesadas en participar nas actividades deberán formalizar a preinscripción e (en caso de resultaren admitidas) a inscripción, nas datas e horarios establecidos para esta convocatoria.

PARA FORMALIZAR A INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES:

As persoas que obtivesen praza no sorteo deberán recoller no centro cívico municipal o formulario para o abono do prezo público que corresponda. No formulario consta o nome da entidade bancaria e o número de conta no que facer o ingreso.

Deberán presentar no centro cívico no que se desenvolva a actividade o resgardo de ter abonado o prezo público que corresponda, según a duración de cada actividade.

No caso de non formalizar ainscrición nos días e horario establecidos para esta II convocatoria, se perderá o dereito á praza, que será ocupada polas persoasda listaxe de agarda.

O custo das actividades para as persoas usuarias ben marcado polaOrdenanza Fiscal nº43:

-Talleres ou actividades de ata 6 h de duración: 4,00€

-Talleres ou actividades ata 15 h de duración: 7,00€

-Talleres ou actividades de 16 ata 32 h de duración: 11,00€

-Talleres ou actividades de 33 ata 64 h deduración: 23,00€

Para máis información poden dirixirse aos centros cívicos municipais,consultara páxina web da concellaría: www.coruna.gal/serviciossociales/es, ouchamar ao teléfono municipal de información 010.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión