Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de marzo de 2026

Inés Rey reivindica o feminismo como garantía democrática no acto institucional polo Día Internacional da Muller

A alcaldesa participou nun coloquio na Delegación do Goberno en Galicia xunto a representantes do ámbito xudicial, institucional e xornalístico

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou esta mañá no acto conmemorativo polo Día Internacional da Muller celebrado na Delegación do Goberno en Galicia, unha xornada institucional na que se reflexionou sobre os avances conseguidos en materia de igualdade e os retos pendentes para consolidar unha sociedade máis xusta e democrática.

O encontro reuniu a diversas representantes institucionais e profesionais nun coloquio moderado pola xornalista Tita Somoza, no que tamén participaron a valedora do Pobo, Mª Dolores Fernández Galiño; a presidenta da Audiencia Provincial de Lugo, Sandra María Piñeiro Vilas; e a presidenta do Colexio de Xornalistas de Galicia, Belén Regueira Leal.

Durante a súa intervención, Rey puxo en valor os avances acadados nas últimas décadas na incorporación das mulleres aos espazos de responsabilidade pública e destacou a importancia de seguir fortalecendo as políticas públicas de igualdade. A alcaldesa lembrou que a presenza das mulleres nas institucións é unha cuestión de democracia e de dereitos, e subliñou a necesidade de garantir unha participación real e efectiva nos ámbitos de decisión.

No coloquio tamén se abordaron cuestións como o papel das institucións na loita contra a violencia machista, a importancia de consolidar unha igualdade efectiva máis alá das cotas formais e os desafíos que presentan os novos espazos tecnolóxicos e dixitais para evitar a reprodución de desigualdades no futuro.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión