10 de agosto de 2022
Os puntos serán atendidos por dúas psicólogas e unha técnica de igualdade e estarán situados na praza de Pontevedra, Escravas e Parrote
O Concello da Coruña colocará tres puntos violetas dende o 12 ao 15 de agosto, con motivo da celebración das Festas de María Pita e o Festival Noroeste Estrella Galicia. Esta medida foi impulsada polo Goberno de Inés Rey durante o dispositivo de emerxencias de San Xoán, cando se ofreceu por primeira vez información e atención á cidadanía ante posibles actos de violencia machista.
Tras a positiva experiencia no San Xoán, con tres espazos de atención aos que se achegaron máis de 600 persoas para solicitar información, o Concello da Coruña preveu manter o servizo en todos os grandes eventos da cidade. Durante as Festas de María Pita xa se puxo a disposición un punto violeta durante a noite do 2 de agosto, con folletos informativos sobre sexualidade sen violencia, reparto de pulseiras de temática feminista e material didáctico orientado especialmente a mozos e mozas.
Os puntos violetas son espazos seguros nos que se ofrece información, asesoramento e atención psicolóxica ás adolescentes e mulleres en materia de violencia machista, en especial para aquelas violencias de carácter sexual. Cada punto será atendido por dúas psicólogas e unha persoa técnica en igualdade, co obxectivo de prestar o servizo máis axeitado en canto a atención e sensibilización ante posibles vítimas así como de información en materia de igualdade para a cidadanía xeral.
Con esta medida, o Goberno de Inés Rey fortalece o seu compromiso coa igualdade entre homes e mulleres, fomentando a celebración de festas e grandes eventos en igualdade de condicións de seguridade para todas e todos.
Localización e horario dos Puntos Violeta
Os puntos violetas estarán a disposición da cidadanía entre os días 12 e 15 de agosto, co seguinte horario e localizacións:
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible