Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
Utilizamos cookies propias (sesión, personalización, preferencias) para mejorar la experiencia del usuario a través del sitio web y cookies de terceros generadas por servicios o proveedores externos a la webque recopilan datos estadísticos, de uso, gustos de los usuarios, etc Aceptando todas las cookies da su consentimiento expreso para que se registren y utilicen tanto las cookies propias como las de terceros. Rechazando las cookies acepta que se utilicen exclusivamente las cookies propias para mejorar la experiencia de usuario. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de Normas de uso
O Concello programará durante tres semanas charlas, cine, concertos e unha ruta sobre rodas polo Día do Orgullo
A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, destacou a importancia de volver a reivindicar a presenza do colectivo LGTB e de celebrar que “Somos, Estamos e Amamos”, tal e como reza o lema deste ano
A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, presentou esta mañá o programa para conmemorar o Día Internacional do Orgullo LGTB, un conxunto de iniciativas que deseñaron conxuntamente entre a concellería, o espazo municipal das diversidades sexuais e as identidades de xénero e mais as entidades da cidade que achegaron as súas propostas. En concreto, explicou que este ano colaboraron con Corufest, CASCO, ALAS Coruña, Les Working, Les Coruña, ARELAS e ORCO e destacou que sen o activismo de todas estas asociacións esta sociedade non sería o que é hoxe. A edila sinalou que despois das dificultades que supuxo a pandemia para reivindicar a igualdade dos colectivos máis vulnerables, toca o momento de celebrar que "Somos, que Estamos e que Amamos" parafraseando o lema desta edición. Yoya indicou que as persoas LGTB teñen que estar cada vez máis presentes e facer máis visibles as inxustizas que poidan sufrir porque "elas son un exemplo de amar como resposta ao odio que puideron padecer". Ademais, recordou o compromiso do goberno de Inés Rey por impulsar políticas de igualdade e apoiar o tecido asociativo que traballa incansablemente por conseguila.
Deste xeito, a programación comezará o sábado e estenderase durante case tres semanas até o 15 de xullo. Consistirá nas seguintes actividades:
Charlas en que se abordarán diferentes temas de interese para as persoas LGTB (26 de xuño e 9 e 10 de xullo):
A visibilidade lésbica, 26 de xuño, ás 11.00 horas na Fundación Seoane. Retransmitirase a través da canle de YouTube "Lesworking Comunidad".
Dereitos humanos e leis para o empoderamento das persoas LGTB, 9 de xullo, ás 18.30 horas no Centro Ágora.
Importancia da educación para a prevención da discriminación, 10 de xullo, ás 11.00 horas, no Centro Ágora.
Ciclo de cine en que a selección de películas porán o foco de atención nas personaxes femininas e, en particular, ás mulleres trans como colectivo especialmente vulnerable (29 de xuño, 1, 6, 8 e 13 de xullo, ás 22.00 horas na Fundación Seoane). O apartado inaugurarase o día 29 co recital de Lúa Mosquetera.
Atlantic Pride Lite (3 de xullo) nunha edición adaptada ás circunstancias sociosanitarias, en que actuarán ás 21.00 horas Nenita Danger, Yogurinha Borova, Xenon Spain e Marta Sango no Teatro Colón. As entradas están á venda en corunacultura.sacatuentrada.es.
Ruta orgullosa (4 de xullo): unha ruta en patíns, skate, bicicleta ou vmp que servirá para visibilizar o colectivo LGTB. Realizada coa colaboración das entidades Galicia Rollers, Mobiliza e a Asociación Coruñesa de Usuarios de vmp. Partirá desde A Mariña ás 11.00 horas e chegará a María Pita.
Concerto no Castelo de Santo Antón (15 de xullo): que suporá o final da programación coa posta en escena ás 21.30 horas do Coro Cantabile, o dúo Feminino Plural formado por Silvia Penide e Carla López e o dúo More Amore.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge.
Instalar ahora un navegador compatible