Contos con música
Familias, Infancia
23/04/2024
Ya ha finalizado
Desde el 19/04/2024 hasta el 23/04/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
30 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
30 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Bea ten un problema. O seu lobo leva chupete... Cada vez que llo intentan quitar, chora. Pero chora moito... A quen se lle conte, un lobo con chupete! Está desconsolado. Contos, cantos e cancións serán a solución.
Os contos do chupete é unha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. As cativas e cativos poderán chuchar contos, cancións e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta na que gozar en familia.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:
Haberá que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
24 de abril de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible