Poetas di(n) versos para o primeiro trimestre do ano.
Para público en general
Desde el 14/01/2019 hasta el 18/03/2019
Ya ha finalizado
20.30 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
de balde
Concellaría de Culturas da Coruña
Mes a mes de maneira ininterrompida, a programación poética do Concello da Coruña continúa a reunir no Centro Ágora o mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo e encara agora o primeiro trimestre de recitais.
Patrocinado pola Concellaría de Culturas da Coruña, POETAS DI(N)VERSOS é un proxecto creado pola tamén poeta e xestora cultural compostelano-coruñesa Yolanda Castaño, que o coordina dende 2009. Os actos, de arredor dunha hora de duración, son sempre abertos e gratuítos para todo o público interesado, e mostran canto pode comunicar a poesía contemporánea.
POETAS DI(N)VERSOS segue constituíndo a maior cita poética regular de todo o Estado español, e mereceu en 2014 o Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.
Luns 14 de xaneiro
VALTER HUGO MÃE
MIGUEL-ANXO MURADO
Un en portugués e o outro en galego, estes dous cosmopolitas e afoutos polígrafos son dúas raras avis rebosantes de personalidade e pensamento orixinal.
Luns 25 de febreiro
VERA DUARTE
LUCÍA NOVAS
As sutís relacións entre o elemento humano e a natureza son poetizadas con mestría por esta bueuense e por unha das máis destacadas autoras de Cabo Verde.
Luns 18 de marzo
ANDREW McMILLAN
GONZALO HERMO
A construción da masculinidade gaña en capas e matices tanto a través da revelación escocesa coma do primeiro galego Premio Nacional de Poesía Joven.
24 de abril de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible