Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Preinscrición para o periodo vacacional de Nadal 2025 nos Espazos de Atención á Infancia

EAI

PREINSCRICIÓN: 24, 25 e 26 de novembro

HORARIO PRESENTACIÓN: Nos horarios de apertura do servizo en calquera dos Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas coeducativas.

Tamén se poderá facer a preinscipción online premendo na seguinte ligazón: Inscripción canguros online

Será necesario:

  • Solicitude cuberta e entregada, presencialmente (nos EAI de canguros) ou online. 
  • Ter o expediente actualizado.
  • Aportar documentación que xustifique estar traballando e os ingresos da unidade familiar (ambas persoas proxenitoras, se procede): nóminas, último recibo de pago de autónomos, prestacións, outros, no momento de presentar a solicitude.

PUBLICACIÓN LISTAS DE ADMITIDOS/AS: 9 de decembro no taboleiro dos Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas coeducativas ou no 010. O feito de solicitar non implica ter praza en todos os días que precise.

DIAS DE ATENCIÓN:   22, 23, 26, 29 e 30 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro

HORARIO:   

  • LABAÑOU: de 8:00 a 15:00 horas.
  • CASTRILLÓN: de 16:00 a 20:30 horas.
  • MONTE ALTO: de 8:00 a 15:00 horas.
  • OS MALLOS: de 8:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 20:30 
  • PALAVEA: de 8:30 a 14:00 horas
  • MESOIRO: de 8:00 a 15:00 horas.

Só se poderá solicitar un único Espazo en horario de mañá e un único Espazo en horario de tarde. De solicitar máis dun Espazo no mesmo horario a solicitude será anulada.

As persoas que precisen a modalidade de atención a domicilio deberán chamar ao Servizo de Canguraxe para facer a correpondente xestión.

Teléfono de atención do Servizo de Canguraxe 673 132 372 no horario de 8:00 a 14:00 horas de luns a venres excepto festivos.

Actualidad

Más información

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión