Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de abril de 2026

Inés Rey destaca o liderado feminino como motor de transformación na apertura do encontro “Raíces e Traxectorias”

A alcaldesa puxo en valor o talento das mulleres e a necesidade de avanzar na igualdade de oportunidades no ámbito laboral

A alcaldesa, Inés Rey, participou esta mañá na apertura institucional do encontro "Raíces e Traxectorias", un evento centrado no liderado feminino que reúne na cidade a mulleres referentes de distintos ámbitos profesionais.

O acto, celebrado na sede de Afundación, deu comezo á xornada de traballo deste foro, que promove o intercambio de experiencias e a creación de redes arredor do papel das mulleres na transformación social e económica. A apertura contou coa participación de representantes institucionais e concluíu coa intervención da alcaldesa.

Durante a súa intervención, Rey destacou o valor do liderado feminino como "unha forza transformadora, colectiva e imparable, que nace da experiencia, do esforzo e da identidade, e que se proxecta en traxectorias cheas de aprendizaxes e logros".

A alcaldesa puxo en valor o papel das participantes nesta edición -Mercedes Martín, Melanie Soucek, Doris Casares, Carmen Lence, Giulia Rossi, Laura García, Sara Vega e Victoria Ducournau-, ás que definiu como referentes nos seus respectivos ámbitos e exemplo dun liderado "imprescindible para avanzar cara a unha sociedade máis xusta, diversa e igualitaria".

Rey incidiu tamén na importancia de garantir a igualdade real de oportunidades no ámbito laboral e de seguir visibilizando o talento feminino en todos os sectores, especialmente naqueles onde a presenza das mulleres foi tradicionalmente menor.

Neste sentido, subliñou a necesidade de poñer o foco non só nos resultados, senón tamén nos procesos persoais que hai detrás de cada traxectoria profesional. "Cando falamos de liderado e talento, debemos falar tamén das experiencias, das decisións difíciles e dos obstáculos superados que permiten abrir camiño para outras mulleres", apuntou.

Como antesala ao encontro, o Concello ofreceu onte unha recepción ás participantes no Palacio Municipal, na que a alcaldesa destacou a importancia de crear espazos de encontro que permitan "compartir experiencias, coñecernos e fortalecer redes arredor dun obxectivo común: o impulso do liderado feminino".

O encontro "Raíces e Traxectorias" reúne na Coruña a profesionais de distintos sectores co obxectivo de compartir coñecemento, impulsar o emprendemento e reforzar a presenza das mulleres no tecido económico e social.

O Goberno municipal reafirma así o seu compromiso coa igualdade e co impulso de iniciativas que favorezan a presenza das mulleres en todos os ámbitos profesionais, contribuíndo a construír unha sociedade máis xusta e inclusiva.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión