Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de agosto de 2023

Os veleiros, que saíron desde Falmouth (Reino Unido) en dirección á Coruña, van polo seu terceiro día completo de navegación, en paralelo ao sector oeste do golfo de Biscaia

O Concello da Coruña reforzará o dispositivo de prevención e seguridade de cara á Tall Ships Races, habilitando un punto violeta na contorna do Palexco

O punto violeta, que estará atendido por unha dotación de tres persoas, estará operativo tanto o venres 25 como o sábado 26, en horario continuo de 19.30 a 00.30 horas

Dando continuidade ás experiencias previas no contexto das Festas de María Pita e o Festival Noroeste, o Concello da Coruña habilitará esta fin de semana un novo dispositivo dos puntos violeta, unha iniciativa ideada para previr, asesorar e atender ante posibles condutas de violencia sexual durante o desenvolvemento das actividades previstas pola Tall Ships Races 2023 na cidade.

O punto violeta da Tall Ships contará cunha dotación de tres persoas -unha psicóloga e dous dinamizadores expertos en violencia de xénero- que ofrecerán información co obxectivo de sensibilizar a cidadanía. Tamén serán espazos seguros para denunciar calquera situación de violencia sexual que se poida producir durante as festas.

O dispositivo en cuestión, que estará operativo o venres 25 e sábado 26 en horario de 19.30 a 00.30 horas, instalarase no sector leste do Palexco, nas proximidades do acceso principal de entrada que estará habilitado na rúa Celedonio de Uribe, e en paralelo ás carpas de atención da Policía Local, Protección Civil, Bombeiros e atención sanitaria.

O obxectivo desta medida, dentro das políticas activas no eido da violencia de xénero postas en marcha polo Goberno municipal de Inés Rey, é informar, previr e, se for o caso, denunciar calquera tipo de agresión.

Os grandes veleiros avanzan polo sector oeste do golfo de Biscaia

Os veleiros encararon este martes o seu terceiro día de navegación tras deixar atrás o porto de Falmouth (Reino Unido), punto de partida das embarcacións no seu rumbo á Coruña. 

Tras superar un comezo de etapa marcado polas inclemencias meteorolóxicas, con episodios de tormenta e grandes ondas, os buques atoparon posteriormente ventos máis estables e favorables, que están a facilitar a súa navegación polo sector oeste do golfo de Biscaia, en dirección ao porto coruñés.

As persoas interesadas en levar a cabo un seguimento do percorrido das embarcacións poden facelo a través desta ligazón.

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión