Espectáculo para a primeira infancia
Familias, Infancia
06/04/2026
Desde el 03/04/2026 hasta el 06/04/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
50 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
25 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
"O son que me arrola" é unha proposta musical que ofrece a posibilidade de lles achegar aos/ás máis cativos/as a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce e da instrumentación. Un espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión: pandeiros, pandeiretas, bombos, tarrañolas... e outros construídos a partir de materiais de refugallo. A actividade consta de dúas partes: a primeira dedicada á escoita, que dura 20 minutos; a segunda parte dedicada á exploración e manipulación dos instrumentos.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:
Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Noticias relacionadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible