#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en general
23/02/2026
Acceso libre até completar capacidade
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 23 de febreiro ás 19 h., na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos a presentación do libro de "As alas da Serpe" de Sol Mariño, publicado por Aira Editorial.
Organizado pola AVV Oza, A Gaiteira e Os Castros.
SINOPSE:
As alas da serpe é un conxunto de poemas sobre a experiencia, a lembranza e a fascinación. Unha ollada cálida que converte o exótico en familiar, que repara no que ninguén ve ou pretende ignorar. A celebración dun encontro talvez imprevisto talvez predestinado entre xeitos de abrazarse á vida que parecen moi distantes só na aparencia xeográfica.
SOL MARIÑO:
Sol Mariño nace en 1986. Pasa a súa infancia entre a Terra de Soneira e a Coruña, onde fai os estudos secundarios e comeza a facer teatro. En Barcelona estuda comunicación audiovisual e fotografía, e vincula a súa poesía co teatro no grupo Humanfuzz, co que representa o monólogo Xeada, parte do cal aparece neste poemario.
En 2008 publica fotografías acompañando o poemario "Baixo o sol de Mesina" de Lino Braxe, seu mestre de teatro na adolescencia e con quen continuou colaborando en obras como no "O Paseo das Esfinxes" en 2018.
En 2009 viaxa a Arxentina, e pasará os seguintes oito anos viaxando, idas e voltas en bicicleta e autoestop, entre Arxentina e o Brasil, onde vende seus poemas e fotografías por mercados e rúas, e traballa como estatua viva na rúa.
Alí escribirá gran parte de As alas da serpe. Aprende serigrafía, comeza a debuxar e establece un forte vínculo coa Capoeira Angola.
Actualmente vive na Costa da Morte e adícase á serigrafía téxtil, a fotografía e a pintura mural.
Este é o seu primeiro poemario.
Acceso libre até completar capacidade.
También te puede interesar

30 de enero de 2026
Una colección de fotografías de Fernando Moleres sobre el impacto de la actividad humana en el medio ambiente

12 de enero de 2026
MiniDomus es un espacio pensado para aprender haciendo, donde cada actividad invita a experimentar, compartir y descubrir el mundo con asombro.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible