Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xuño de 2018

Naukas Coruña 2018 | Grandes Viaxes chega o 30 de xuño ao Teatro Rosalía

As prazas están esgotadas, pero se quedan asentos libres, 10 minutos antes de comezar o evento permitirase o paso de persoas sen reserva de invitación.

O evento, impulsado por Museos Científicos-Concello da Coruña xunto con Naukas, inclúe nove charlas científicas relacionadas co tema "Grandes viaxes", no que se centra esta edición.

Desde as 10 da mañá e ata as 8 da tarde as nove persoas convidadas falarán de cuestións como a odisea da primeira base científica no Ártico, ou as expedicións da vacina da varíola e a de Alexander von Humboldt.

As sesións da tarde terán un marcado carácter de ciencia en feminino, con charlas sobre as mulleres aviadoras e astronautas, ou a carreira profesional das mulleres no ámbito científico e o das emprendedoras.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión