30 de xuño de 2018
As prazas están esgotadas, pero se quedan asentos libres, 10 minutos antes de comezar o evento permitirase o paso de persoas sen reserva de invitación.
O evento, impulsado por Museos Científicos-Concello da Coruña xunto con Naukas, inclúe nove charlas científicas relacionadas co tema "Grandes viaxes", no que se centra esta edición.
Desde as 10 da mañá e ata as 8 da tarde as nove persoas convidadas falarán de cuestións como a odisea da primeira base científica no Ártico, ou as expedicións da vacina da varíola e a de Alexander von Humboldt.
As sesións da tarde terán un marcado carácter de ciencia en feminino, con charlas sobre as mulleres aviadoras e astronautas, ou a carreira profesional das mulleres no ámbito científico e o das emprendedoras.
Actividades relacionadas

15 de maio de 2026
Está instalada na explanada exterior de acceso ao museo

30 de abril de 2026
Será o 9 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, de 11 a 19 horas

28 de abril de 2026
Trátase de Jinzi, unha foca macho procedente do Oceanogràfic de Valencia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible