#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecerlle un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en general
20/04/2026
Acceso libre até completar capacidade
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 20 de abril ás 19 h. na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, temos a presentación do libro "Madriña" de Antonio Tizón, publicado pola Editorial Elvira.
Organizado pola Av. Oza, A Gaiteira e Os Castros.
Acceso libre até completar capacidade.
SINOPSE:
No mesmo día de abril de 2010, aparecen os cadáveres de Ramiro Gallego Tenreiro, que descobren no cemiterio de San Epitafio, un caso do que se ocupará o comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e o dun delincuente, O Globero, que localizan enterrado nun descampado do barrio de Eirís, un crime que lle toca resolver á súa filla Clara nada máis incorporase ao Corpo de Policía.
Mentres tanto, Gustavo, o fillo de Ramiro, entrega a Pereiro unha serie de gravacións feitas por María Dominga, a madriña, que recollen, mediante infinidade de contos e cantos, non só a vida daquela muller, senón a dos membros da súa familia, entre os que o investigador sospeita que se atopa o criminal.
A incorporación sorprendente desta voz, a de María Dominga, xunto ao xurdimento inesperado da maxia verbal de Carlos Oroza, e o exercicio de memoria que implica o retrato omnisciente dos quince personaxes que conforman a árbore xenealóxica familiar son tres das maiores peculiaridades desta novela, a quinta e última entrega da serie Sánchez Pereiro, á que, nesta ocasión, sen perder o seu carácter narrativo, en forma de libro, se lle dá especial relevancia á poesía e aos formatos multimedia.
Antonio Tizón:
Antonio Tizón Barral (Aranga, A Coruña, 1960) é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, e traballou como xornalista e profesor nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Ourense, Santiago e A Coruña. En 1996 publicou un libro de relatos, "In medias res", e o poemario "Ritmos". A partir de 2015, coa novela "A antesala luminosa", comezou a publicar en Xerais unha serie que ten como protagonista principal o policía Xosé Sánchez Pereiro, e que, en clave de xénero negro, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema da loucura. A esa serie pertencen tamén as novelas "Un home estraño" (Xerais, 2018), Premio Cidade Centenaria de Ribeira, "Os incurábeis" (Xerais 2020) e "Lobos doentes" (Xerais 2023) . Como poeta publicou "Non hai espellos nos manicomios" (2019) nun proxecto multimedia sobre saúde mental que se pode ler na web www.nonhaiespellosnosmanicomios.org. Tamén foi galardoado no V Certamen Internacional de Relatos Cortos sobre Discapacidad con "Descifrando el significado", cunha edición a cargo do centro hospitalario Benito Menni. No 2025 publicou Coplas analfabetas coa Editorial Elvira.
También te puede interesar

4 de febrero de 2026
Nueva exposición fotográfica en el Pasillo López Seoane del Aquarium Finisterrae

30 de enero de 2026
Una colección de fotografías de Fernando Moleres sobre el impacto de la actividad humana en el medio ambiente

12 de enero de 2026
MiniDomus es un espacio pensado para aprender haciendo, donde cada actividad invita a experimentar, compartir y descubrir el mundo con asombro.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible