Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

13 de novembro de 2020

Corredores/as e ciclistas estrean o carril entre os Surfistas e o Aquarium

Está previsto que os traballos para pintar a calzada finalicen a vindeira semana

Corredoras/es e ciclistas gozan xa do carril que está a piques de rematar o Concello no Paseo Marítimo, no tramo que vai desde os Surfistas ata o Aquarium. Trátase do carril máis próximo ao mar, onde se taparon os raís do tranvía, co fin de reordenar o espazo peonil e mellorar a seguridade vial que a veciñanza viña demandando desde hai tempo.

A alcaldesa, Inés Rey, lembrou a boa acollida do primeiro tramo do novo carril, entre os Surfistas e As Escravas, e sinalou que "a actuación forma parte do plan de mobilidade sustentable que o Concello está desenvolvendo e que supón unha aposta por un modelo de cidade". Un plan, apuntou, que lle dá protagonismo á veciñanza, á peonalización das rúas e á mellora do transporte público.

O Concello, indicou Rey, está traballando por unha mobilidade sustentable, unha mobilidade vinculada aos espazos públicos, por unha Coruña 30, para construírmos "unha cidade máis segura para a veciñanza".

Deste xeito, o Concello cumpre co seu compromiso de finalizar os traballos no mes de novembro, poñendo ao dispor da cidadanía un quilómetro máis entre os Surfistas e o Aquarium, de tal maneira que a lonxitude total do novo carril para ciclistas e corredoras/es alcanza os 2,7 quilómetros.

Así, a ampliación do carril que se prolongará agora desde As Escravas ata o Aquarium lles permitirá ás persoas deportistas dispoñeren de máis espazo para practicaren exercicio e liberar así máis zona peonil no paseo. Os traballos para finalizar o carril prolongaranse durante a próxima semana en que está previsto que se pinte a calzada.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión