Concello da Coruña

Concello da Coruña

Índice da Mesa de Mobilidade

Mesa da Mobilidade Sustentable

O Pleno Municipal do Concello da Coruña, na súa sesión do pasado día 3 de outubro de 2019 adoptou a Declaración da Coruña por unha mobilidade máis sostible.

Esta declaración proclama que a nosa saúde, o noso medio ambiente e a procura de modos de vida urbana de maior cohesión social son retos que esixen unha aposta clara pola mobilidade sustentable; por tanto, a cidade debe asumir de forma decidida un compromiso activo.

O obxectivo fundamental da Declaración é a implicación de todos os axentes e sectores, públicos e privados, da cidade en favor dunha política de mobilidade sustentable coordinada cun modelo de crecemento urbano que aposte pola compactidad fronte a dispersión. Ambos os conceptos, mobilidade e compactidad urbana xa están postos en relación nos documentos de traballo da Axenda Urbana Española, na que A Coruña asumiu un compromiso avanzado.

De entre os dez compromisos que en materia de mobilidade sustentable para A Coruña recolle a citada declaración, o décimo establece a Constitución da Mesa pola Mobilidade Sustentable da Coruña, que quedou constituída o 29 de Xaneiro de 2020, dentro do obxectivo común a compartir nun pacto polo medio ambiente, a saúde pública e a necesaria cohesión social.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión