Concello da Coruña

Concello da Coruña

Como pagar?

En que consiste?:

Pode realizar o pagamento dos seus recibos, multas, liquidacións, autoliquidacións e demais débedas, de maneira presencial ou telemática (opción recomendada). O Concello pon á súa disposición as ferramentas necesarias para que poida efectuar o pagamento de débedas sen desprazamentos.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Para poder realizar o pagamento é necesario que dispoña do documento de ingreso co código de barras. Recibos de impostos anuais (IBI, Vehículos, IAE etc.), documentos de pagamento de autoliquidacións (plusvalías, alta de vehiculos, taxas municipais e prezos públicos), multas de tráfico, multas da ORA, documentos de liquidacións emitidos polos diferentes servizos municipais e demais ingresos de dereito público.

Como se fai?:

En oficina bancaria

En calquera oficina de ABANCA, BANCO SANTANDER, BANCO SABADELL, CAIXABANK e BBVA. (No seu horario de apertura ao público)

Excepcións:

  • Multas de Tráfico: No caso das multas de tráfico se se realizase o pagamento por entidade financeira unicamente poderá realizarse en ABANCA, SANTANDER e BBVA
  • Débeda en período executivo: no caso de débedas en período executivo se se realizase o pagamento por entidade financeira unicamente poderá realizarse en ABANCA e CAIXABANK

En caixeiros automáticos

Nas entidades ABANCA, BANCO SANTANDER, BANCO SABADELL, CAIXABANK e BBVA. Coas mesmas excepcións indicadas anteriormente para as multas de tráfico e as débedas en executiva.

En caixa municipal

O pagamento na caixa poderá facerse en metálico ou a través de cheque a nome do Excmo. Concello da Coruña, conformado o certificado pola entidade bancaria, e a través de tarxetas de débito e crédito.

Internet

Que se necesita?:

Esta é a opción máis recomendada posto que non hai limitación polo tipo de ingreso, podendo realizar o pagamento de calquera débeda e con tarxeta de calquera entidade bancaria, sen custo, evitando desprazamentos. Para poder realizar o pagamento é necesario contar co documento de ingreso co código de barras.

Como se fai?:

Desde o computador

  • Sen certificado dixital: Poderase pagar con tarxetas de calquera entidade bancaria, a través das pasarelas de pago de ABANCA e CAIXABANK, sen custo.
  • Con certificado dixital: Na Sede electrónica, na Oficina Virtual do Contribuínte

Teléfono

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión