Concello da Coruña

Concello da Coruña

EidusCoruña

O Concello da Coruña deseñou a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado para concorrer á convocatoria de 2016 de axudas do FEDER aprobada pola Orde HAP/1610/2016, de 6 de outubro, que ten como ámbito básico de actuación todo o municipio coruñés.

A Estratexia EidusCoruña deseñada trata de responder ao problema de mobilidade da cidade potenciando os modos de desprazamento máis sostibles. Esta estratexia, actuando na mesma liña do Plan de mobilidade urbana sostible (PMUS) aprobado polo concello no ano 2015, responde a un modelo que pretende mellorar a calidade urbana e a calidade de vida dos coruñeses e as coruñesas á vez que trata de mellorar a funcionalidade e a organización do sistema urbano da cidade.

As propostas de actuación dentro desta Estratexia EidusCoruña potencian os modos de desprazamento máis sostible, é dicir, preténdese reducir o número de viaxes en transporte privado en beneficio do transporte público, a bicicleta e a pé. Tamén se debuxa un novo espazo público cunha repartición para os seus usos e funcións distinto ao actual.

Téndese así cara a un espazo público de gran calidade, con menos ruído, sen tanta contaminación, máis seguro e atractivo e que potencia o contacto e a convivencia entre persoas de calquera idade, identidade de xénero e condición social. Quen vive/reside na cidade xa non é só viandante, a rúa xa non é só un lugar de paso, é un lugar e sobre todo é estancia e convivencia onde poden desenvolverse a maioría das funcións urbanas.

O Plan de implementación da Estratexia EidusCoruña ademais de apostar pola mobilidade urbana sostible, pretende mellorar a eficiencia enerxética e fomentar o uso das enerxías renovables nas áreas urbanas a través das seguintes Liñas de Actuación (LA):

LA 9. Desenvolvemento e mellora de ferramentas TIC para optimizar a mobilidade e a información sobre os desprazamentos

− Portal da mobilidade urbana

− Equipamento TIC para a mobilidade asistida

LA 13. Fomento e ampliación de camiños escolares interxeracionais: implementación de actuacións urbanísticas para mellorar a accesibilidade de nenos/as, maiores e persoas con mobilidade reducida.

− Mellora de seguridade e accesibilidade de itinerarios escolares

− Creación de senda ciclista no distrito 6

LA 14. Fomento da mobilidade en bicicleta, mediante a dotación de percorridos ciclables xunto coa renovación e ampliación da infraestrutura de alugueiro de bicicleta eléctrica

− Subministración e instalación de lectores, módulos, estacións e bicicletas

− Carril bici Mariscal Pardo de Cela

− Carril bici entre a glorieta de Elviña e a avenida de Pablo Picasso

LA 15. Concepción e posta en marcha de novos modelos multifuncionais de marquesiña para o transporte público urbano

− Marquesiña interactiva para o transporte urbano en autobús

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión