Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Rede de Cidades por unha Mobilidade con Baixas Emisións

O Concello da Coruña, ocupa a Vicepresidencia da Rede de Cidades por unha Mobilidade con Baixas Emisións.

Un foro composto por entidades locais, asociacións, empresas e outros colectivos que ten por obxecto identificar e promover solucións e estratexias que reduzan as emisións xeradas pola mobilidade e o seu impacto nos cidadáns e cidadás.

É unha iniciativa xurdida a partir das actividades desenvolvidas en relación coa materia por parte de ITS España e a Asociación de Enxeñeiros de Tráfico e Técnicos de Mobilidade durante o pasado ano cunha ampla participación. A Rede é un instrumento de apoio técnico que ofrece ferramentas para que as cidades acaden os seus obxectivos para unha Mobilidade con Baixas Emisións.

A Organización da Rede:

  • Asemblea Xeral
  • Consello Reitor
  • Presidencia: Excelentísimo Concello de Oviedo
  • Vicepresidencia: Excelentísimo Concello da Coruña.
  • Secretaría: Asociación de Enxeñeiros de Tráfico e Técnicos de Mobilidade

Como primeira actividade da Rede están a prepararse unhas Xornadas sobre Dixitalización da xestión da Mobilidade Urbana e o despregamento de Zonas de Baixas Emisións , en Oviedo os próximos 17 e 18 de marzo e paralelamente avanzando no desenvolvemento Rede de Cidades por unha Mobilidade con Baixas Emisións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión