Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Taxi

Paseo Marítimo

Os taxis da Coruña son vehículos de cor branca, nunha variedade de marcas e modelos. Os distintivos son o escudo da cidade e o número do taxi en ambas as portas dianteiras; no teito exhiben o piloto verde, se están libres, e unha caixiña cos números 1, 2 ou 3 iluminados segundo a tarifa que se aplique no momento en que están en servizo.

Hai máis de 40 paradas de taxi distribuídas por todos os barrios da cidade. Tamén pode solicitar un taxi a través do teléfono.

Existe a posibilidade de dispoñer dun eurotaxi, ou taxi adaptado, logo da solicitude previa por teléfono.

As tarifas do servizo de taxi móstranse expostas á vista das persoas clientas nos máis de 500 vehículos dispoñibles. Deles, unha pequena porcentaxe xa a representan vehículos movidos tamén por enerxías alternativas (vehículos a gas e híbridos), o cal redunda nunha menor contaminación do medio ambiente e un transporte máis sustentable.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión