Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

9 de novembro de 2020

O concello comeza as obras de mellora do asfaltado en 15 rúas da cidade por un importe de 317.000 euros

Os traballos da Área de Infraestruturas contan cun orzamento de 317.00 euros y está previsto que se amplíen á avenida de Gran Canaria nas próximas semanas

A Concellaría de Urbanismo, Mobilidade e Infraestruturas pon en marcha esta semana unha serie de actuacións destinadas a mellorar o asfaltado en 15 rúas da cidade, por un importe de 317.000 euros. "O obxectivo destes traballos é intensificar a seguridade viaria e a accesibilidade", subliñou a alcaldesa, Inés Rey, quen explicou que as obras forman parte dun programa de mellora dos barrios da cidade para dar protagonismo ás persoas e garantir unha maior accesibilidade e calidade de vida á veciñanza.

Os traballos para mellorar as calzadas comezaron a noite pasada na travesía de Almirante Eulate, no paso peonil Reverendo Álvarez Cabezas, na rotonda das Escravas e na avenida de Bos Aires. Tamén se realizarán reparacións nas rúas Eume, Sar, Miño e Tambre en horario diúrno. O mércores iniciaranse obras de fresado nas rúas México, Brasil e na avenida de Chile.

O equipo de mantemento trasladarase o xoves 12 aos distritos 8 e 9, onde se realizarán reparacións no firme no ámbito dos Cantóns e tamén en Linares Rivas. O venres 13, poñeranse en marcha pola noite os traballos de fresado e aglomerado na avenida Alcalde Pérez Ardá, desde Ramón y Cajal até a Rolda de Outeiro, en dirección á saída da cidade ao lado da estación de autobuses, que se prolongarán até a semana seguinte, cando se finalicen os traballos nas vías de entrada, ao carón do centro comercial El Corte Inglés.

Nas vindeira semana, tamén está previsto que renove o asfaltado na praza de Mina e na praza de Ponteveda, no cruzamento coa rúa Juan Flórez. Tamén se desenvolverán labores de mantemento das beirarrúas na zona norte da cidade e de mellora da accesibilidade nas rúas Sor Joaquina e Francisco Rodríguez Otero.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión