Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de maio de 2020

O servizo da ORA restablécese este luns xunto coas cámaras de videovixilancia

A suspensión do cobro do estacionamento regulado foi unha das primeiras medidas tomadas polo Goberno local cando se decretou o estado de alarma

O servizo da ORA restablécese este luns no termo municipal da Coruña para favorecer o movemento de coches e que as/os traballadoras/es que se teñan que desprazar pola cidade dispoñan de prazas de aparcamento, sobre todo, nas rúas máis concorridas. A suspensión do cobro do estacionamento regulado foi unha das primeiras medidas tomadas polo Goberno local cando se decretou o estado de alarma, para evitar a propagación do virus entre a veciñanza. Desde este luns, o servizo volverá a estar operativo, de cara a facilitar unha maior circulación de vehículos e volver así a recuperarmos a normalidade.

Ademais, comezarán a funcionar tamén as cámaras de videovixilancia distribuídas por toda a cidade, co fin de controlar o tráfico e erradicar prácticas incívicas ao volante, como é o caso da segunda fila.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión