Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Instalación de terrazas unha vez superada a fase III

Instrucións para a Instalación de terrazas unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade

Aprobar as seguintes instrucións para a instalación das terrazas durante a situación de emerxencia sanitaria de interese galego declarada pola Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19

Unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade:

1.º O número de mesas permitidas limítase ao oitenta por cento do número total de mesas que figure na solicitude de autorización.

2.º Unicamente nos espazos públicos que constan no Anexo, autorízase a incrementar a superficie destinada a terraza. Neste caso poderanse incrementar o número de mesas previsto no apartado anterior, respectando, en todo caso, a proporción do cincuenta por cento entre mesas e superficie dispoñible e levando a cabo un incremento proporcional do espazo peonil no mesmo tramo da vía pública no que se sitúe a terraza, sen que en ningún caso poida superar o número de mesas que constan na solicitude de licenza. Para poder acollerse a este apartado 2, a terraza deberá instalarse nunha localización que cumpra os seguintes requisitos:

- Beirarrúas cun mínimo de 5 metros de ancho, incluídas na listaxe que figura no Anexo.

- Rúas peonís incluídas na listaxe que figura no Anexo.

- Prazas incluídas na listaxe que figura no Anexo 1.

3.º Poderanse instalar terrazas en prazas de aparcamento sempre que se dean as seguintes condicións:

1. A rúa non poderá ter máis dun carril por sentido de circulación e a beirarrúa á que dá a fachada do local deberá ser inferior a 2,5 metros de ancho, xa que en caso contrario debería solicitarse autorización de instalación de terraza na beirarrúa.

2. O espazo para ocupar nas prazas de aparcamento coincidirá coa fronte do local e non poderá sobresaír da liña das prazas de aparcamento marcada en cada rúa e non se poderán ocupar zonas de carga e descarga, PMR, aparcamentos de motos nin prazas de residentes en zona ORA.

3. Será necesaria a instalación dunha tarima con proteccións laterais e na fronte da calzada. A altura mínima da tarima será de 15 centímetros ao lado da calzada e deberá quedar ao nivel na zona do bordo da beirarrúa. Só se permitirá, ademais da tarima, a instalación de mesas e cadeiras e no seu caso parasoles.

4. As persoas solicitantes deberán presentar a seguinte documentación:

a) Declaración responsable segundo o modelo municipal

b) Plano de situación e bosquexo do que se pretende instalar

c) Memoria explicativa coa superficie, número de mesas e cadeiras, material da tarima e proteccións, así como os parasoles que, se é o caso, se pretendan instalar.

d) Póliza e pago do seguro de responsabilidade civil no que se inclúa a terraza que se pretende instalar.

5. As terrazas en situadas en prazas de aparcamento poderanse instalar entre o 1 de xullo e o 15 de setembro.

4.º Tamén se poderán instalar terrazas en prazas de aparcamento nas rúas declaradas peonís entre o 1 de xullo e o 15 de setembro, coas seguintes condicións:

1. O espazo para ocupar nas prazas de aparcamento coincidirá coa fronte do local e non poderá sobresaír da liña das prazas de aparcamento marcada en cada rúa.

2. As/os solicitantes deberán presentar a seguinte documentación:

a) Declaración responsable segundo o modelo municipal

b) Plano de situación e bosquexo do que se pretende instalar

c) Memoria explicativa coa superficie, número de mesas e cadeiras, así como os parasoles que, se é o caso, se pretendan instalar.

d) Póliza e pago do seguro de responsabilidade civil no que se inclúa a terraza que se pretende instalar.

5.º En todo caso deberá asegurarse que se mantén a debida distancia física de polo menos dous metros entre as mesas ou, no seu caso, agrupacións de mesas.

6.º Deberanse cumprir as medidas de hixiene e prevención que esixan as autoridades sanitarias.

ANEXO

Beirarrúas:

1. Avenida Linares Rivas

2. Cantón Pequeno

3. Avenida da Mariña - Obelisco

4. Avenida da Mariña- Dársena

Rúas peonís:

1. Rúa Emilia Pardo Bazán

2. Cidade Vella

3. Rúa Corcubión - Mercado Conchiñas

4. Rúa Barcelona

5. Rúa Ángel Senra

6. Rúa Gaiteira

7. Rúa Posse

8. Rúa Cuba

Prazas:

  1. Praza de María Pita
  2. Praza de España
  3. Praza de Lugo
  4. Rúa Manuel Azaña
  5. Rúa Corcubión - Praza Conchiñas
  6. Polígono de Vioño
  7. Praza da Fábrica de Tabacos
  8. Praza da Gaiteira
  9. Praza Centro Comercial
  10. Rúa Vicente Ferrer
  11. Rúa Emilio González López
  12. Praza Padre Rubinos
  13. Praza de Santa María
  14. Paseo Marítimo - Circunvalación
  15. Praza das Atochas
  16. Praza Cormelana
  17. Rúa Perillana
  18. Rúa Pastoriza
  19. Praza do Africano
  20. Praza San Andrés
  21. Praza Fuente Luisa
  22. Travesía Orzán
  23. Rúa José Luis Pérez Cepeda
  24. Praza Alcaldesa Berta Tapia
  25. Rúa Enrique Mariñas Romero
  26. Praza Papagayo
  27. Praza do Humor
  28. Praza da Milagrosa
  29. Praza Enrique Mariñas

Instalación de terrazas en prazas de aparcamento - Información xeral

1.- Condicións para poder instalar terrazas en prazas de aparcamento:

 - A rúa non poderá ter máis dun carril por sentido de circulación.

- A beirarrúa á que dá acceso a fachada do local deberá ser inferior a 2,5 metros (en caso contrario deberá solicitarse autorización de instalación de terraza na beirarrúa).

- O espazo que se poderá ocupar nas prazas de aparcamento coincidirá co frontal do local.

- Non se poderá sobresaír das liñas das prazas de aparcamento marcadas en cada rúa.

- Non se poderán ocupar zonas de carga e descarga, prazas reservadas a persoas con mobilidade reducida, aparcamentos de motos nin prazas de residentes na zona ORA (zona verde).

- O período da instalación será do 1 de xullo ao 15 de setembro, ambos incluídos.

2.- Requisitos:

 - Deberá instalarse unha tarima con proteccións laterais e na fronte da calzada cunha altura mínima de 15 centímetros no lado da calzada e a nivel en lado do bordo da beirarrúa. - Só se permite a instalación, ademais da tarima, de mesas e cadeiras e, se é o caso, parasoles.

3.- Documentación:

 - Declaración responsable segundo modelo xeral municipal - Plano de situación e bosquexo do que se pretende instalar - Documento explicativo da superficie, número de mesas e cadeiras, material da tarima e das proteccións, así como dos parasoles, no caso de que se prevexa a súa instalación - Póliza e resgardo do pago do seguro de responsabilidade civil no que se inclúa a terraza que se pretende instalar.

4.- Rúas de peonalización temporal entre o 1 de xullo e o 15 de setembro (ambos incluídos): poderán instalarse terrazas nas prazas de aparcamento das devanditas rúas coas seguintes especialidades:

4.1 Condicións: - O espazo que se poderá ocupar nas prazas de aparcamento coincidirá co frontal do local.

4.2 Requisitos: - Só se permite a instalación de mesas e cadeiras e, se é o caso, parasoles (non é necesaria tarima).

4.3 Documentación: - Declaración responsable segundo modelo xeral municipal - Plano de situación e bosquexo do que se pretende instalar - Documento explicativo da superficie, número de mesas e cadeiras, así como dos parasoles, no caso de que se prevexa a súa instalación - Póliza e resgardo do pago do seguro de responsabilidade civil no que se inclúa a terraza que se pretende instalar.

5.- Deberá asegurarse que se mantén a debida distancia física de, polo menos, dous metros entre as mesas, ou, de ser o caso, agrupacións de mesas.

6.- Deberanse cumprir as medidas de hixiene e prevención que esixan as autoridades sanitarias.

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión