Concello da Coruña

Concello da Coruña

VII Encontro de cidades para a seguridade viaria e a mobilidade sostible

A Dirección Xeral de Tráfico, xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Concello de Valladolid, desenvolve o "VII Encontro de cidades para a seguridade viaria e a mobilidade sostible"

O Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, súmase ao encontro celebrado en Valladolid, sobre unha mobilidade urbana saudable e sostible.

O lema escollido para esta edición é "Entre todos sumamos cidades saudables", céntrase en como podemos facer as cidades máis amables, humanas, máis próximas á cidadanía. Impulsando a nova mobilidade, fundamental para a saúde de todos, en especial pequenos e persoas maiores, onde o peón é o protagonista e o máximo expoñente.

Abordaranse outras realidades que se producen nas contornas urbanas, como os desprazamentos nos novos vehículos que viñeron para quedar, como son os vehículos de mobilidade persoal, que aumentan progresivamente a súa presenza nas rúas, tamén os desprazamentos en ciclomotores, entre outros. Todos coinciden en que é necesario garantir a convivencia segura nos desprazamentos, para iso estudarase o impacto que tivo nas cidades a redución de velocidade, sendo A Coruña co lema "A menos velocidade, máis Cidade", pioneira das medidas que a DXT estableceu o pasado 11 de Maio de 2021, coa entrada en vigor da segunda parte do R.D 970/2020, que modifica a Normativa de Tráfico, e establécese que a velocidade xeral das rúas da cidade reducirase de 50 a 30 km / h.

Durante o encontro debateranse os seguintes temas:

  • Cidades de rostro humano.
  • Cidades 30.
  • Mobilidade a pé, en bicicleta e VMP.
  • Mobilidade urbana en moto.
  • Nova normativa urbana.
  • Sinistros e comportamentos de risco en cidades.
  • Zonas de baixas emisións.
  • Distribución urbana de mercadorías.
  • Transporte público urbano e seguridade viaria.
  • Mobilidade compartida.

Programa técnico do "Encontro de Cidades"

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión