Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de marzo de 2024

A reurbanización das rúas San Mateo e Padre Sarmiento permitirá homoxeneizar a súa estética e a dos accesos a Santa Margarida

Os traballos, cofinanciados con fondos Next Generation, teñen un prazo de execución de dez meses e suporán un investimento de 825.000 euros

Este mércores 6 de marzo, a Xunta de Goberno Local deu luz verde á adxudicación das obras de reurbanización das rúas San Mateo e Padre Sarmiento, nas inmediacións de Santa Margarida.

A intervención forma parte do abano de 17 actuacións cofinanciadas a través da segunda convocatoria de fondos Next Generation, na que o Concello obtivo máis de 9 millóns do Goberno estatal en abril do ano pasado.

"Como xa anunciamos en setembro, ao licitar os traballos, está previsto crear unha plataforma única para remodelar as zonas de acceso peonil e de tráfico rodado. Ademais, ampliaranse as zonas verdes existentes, apostando pola súa sintonía cos elementos medioambientais existentes no parque", expuxo a alcaldesa, Inés Rey.

Esta intervención, que executará a empresa Vázquez y Reino nun prazo de dez meses, conta cun orzamento de 825.000 euros.

Luz verde á construción dun edificio de 32 vivendas na rúa Montes

Ademais, este mércores, na Xunta de Goberno Local tamén se fixo balance das licenzas resoltas no período entre os días 16 e 29 de febreiro, con 174 expedientes notificados, dos que 15 foron licenzas urbanísticas e 90 foron obras en réxime de comunicado.

Entre as licenzas concedidas, e como expediente particular, cómpre destacar a que habilitará á Inmobiliaria Masar para construír un edificio de 32 vivendas, garaxes e rochos entre os números 10 e 22 da rúa Montes, ao leste do parque de Oza, xa no barrio do Castrillón. "O soar en cuestión forma parte do bloque comprendido entre a rolda de Outeiro e as rúas Montes, Montiño e Carballo. Actualmente, ao estar baleiro, tamén supoñía un risco en materia de seguridade e insalubridade", subliñou a alcaldesa na súa intervención.

As obras terán que comezar en seis meses, unha vez que se notifique a concesión de licenza, e o prazo de execución será de vinte meses desde a posta en marcha dos traballos, que suporán un investimento de 1,9 millóns de euros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión