Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de marzo de 2024

Luz verde á adxudicación para reurbanizar e mellorar a accesibilidade na rúa Pla y Cancela, no barrio da Falperra

O plan de actuacións, que tamén inclúe á rúa Juan Castro Mosquera, suporá a ampliación dos espazos peonís, a renovación do firme da calzada, a incorporación de máis exemplares de arboredo e melloras na rede de saneamento

Este xoves, a Xunta de Goberno Local autorizou a adxudicación das obras de reurbanización da rúa Pla y Cancela, que aparellan un plan de melloras no treito da rúa Juan Castro Mosquera situado entre Pla y Cancela e a avenida de Arteixo.

Esta iniciativa, cofinanciada tamén con fondos Next Generation, suporá un investimento de algo máis dun millón de euros. Os traballos serán executados pola UTE integrada polas empresas Jardinería Arce e Manuel Rivas Boquete, que terá un prazo de seis meses para acometer esta actuación "coa que o Concello dá continuidade ao plan para renovar os espazos públicos nas rúas do barrio da Falperra", expuxo hoxe a alcaldesa, Inés Rey.

Está previsto renovar a rede de saneamento na contorna, modernizándoa e adaptándoa en termos de seguridade aos estándares actuais. A isto sumarase, ademais, a creación dunha rede separativa para a recollida de pluviais na rúa Juan Castro Mosquera.

Xa a posteriori, acometerase a renovación integral do firme da calzada, cunha nova capa de formigón armado, e ampliaranse as zonas de percorrido peonil, elevando os pasos peonís existentes nos cruzamentos, co obxectivo de reforzar a seguridade viaria e pacificar o tráfico rodado. "A nosa principal prioridade é garantir melloras de accesibilidade en Pla y Cancela, unha rúa cun marcado desnivel, e Juan Castro Mosquera". Para isto, o Concello tamén prevé acometer a colocación de varandas metálicas para favorecer o tránsito das persoas con mobilidade reducida.

Ademais, no contexto dos traballos tamén se crearán novas áreas verdes e parterres, para colocar novos exemplares de arboredo que se sumarán aos biduieros xa existentes. Arredor destes últimos tamén se ampliarán as ablaqueacións, para que o sistema radicular das árbores dispoña do espazo suficiente para evitar a deterioración das beirarrúas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión