Concello da Coruña

Concello da Coruña

Friday Mobility Night 10 de Xuño

O 10 de Xuño ás 21.30 h terá lugar unha nova edición de Friday Mobility Night.

"Especial Disco"

A Coruña celebrará unha marcha conxunta de usuarios e usuarias de Bicicletas, VMP, patíns, patinetes, skates e todo tipo de vehículos de mobilidade persoal, polas rúas da cidade, unha ruta realizada por Galicia Rollers, dentro do programa de actividades que ten o club en colaboración co Concello da Coruña e a Concellaría de Mobilidade, para fomentar o bo uso dos VMP como forma de mobilidade sostible.

Ademais, esperamos darvos algún agasallo de man dos colaboradores. Garantindo a seguridade do percorrido, contarase cun grupo de voluntarios (stoppers) que se encargarán de guiar a marcha conxunta, ademais de Policía Local e Protección Civil grazas á colaboración do Concello da Coruña.

Esta actividade enmárcase no Plan "CoruñaToda30".

Podes acceder ao percorrido desde aquí.

NIVEL E PERCORRIDO

O inicio será desde a praza de María Pita e chegará a Marineda City, pasando polos barrios do Ensanche, Elviña, Matogrande, Catro Camiños... percorreremos uns 14 km que transcorrerán principalmente por carril-bici e carril 30.

O ritmo será suave pero continuo, polo que é absolutamente necesario que todos os participantes teñan autonomía sobre os patíns ou bicis, e sexan quen de seguir o ritmo do grupo. Esta ruta ten pendentes suaves que obrigan a saber frear, e cambios de firme.

LEMBRA

  • NON é unha carreira, pero debes de manter un ritmo.
  • Aqueles que non sexan capaces de seguir o ritmo e sexan pasados polos STOPPERS DE COLA quedarán fóra da ruta pero poderán unirse de novo atallando ou agardando á volta. Recomendamos ver mapa.
  • O grupo debe ir compacto para que os cortes de rúas sexan inferiores a 2 minutos.
  • Os stoppers son voluntarios que colaboran ao bo funcionamento, respéctaos e facilítalles o seu traballo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión