Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de maio de 2023

Escola de Verán 2023

A OMIC organiza unha nova edición da Escola de Verán para o mes de xullo

QUÉ É A ESCOLA DE VERÁN?

Actividades lúdicas e didácticas arredor do consumo responsable que se desenvolven para nenas e nenos de 4 a 10 anos, no mes de xullo, en horario de mañá.

TÉMATICA DE CADA QUENDA

  • Primeira quenda. Consumo e novas tecnoloxías. Do 3 ó 14 de xullo.

Facilitar ferramentas que garantan a adopción de bos hábitos de seguridade, facendo usuarias e usuarios conscientes da súa propia responsabilidade en relación co uso das novas tecnoloxías.

  • Segunda quenda. Consumo e alimentación saudable. Do 17 ó 31 de xullo.

Coñecer a importancia da compra de proximidade para manter unha alimentación sa e equilibrada. Sensibilizar na creación de hábitos de alimentación positivos e saudables fomentando o comercio de cercanía.

PERSOAS DESTINATARIAS

Serán nenas e nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos, nacidos entre 01.01.2013 e o 31.12.2019, e dispoñeranse en dúas quendas con dous grupos en cada quenda en función dos rangos de idade:

  • Grupo 1 nenos/as de 4 a 6 anos (Grupo A). 
  • Grupo 2 nenos/as de 7 a 10 anos (Grupo B). 

HORARIOS DE ACTIVIDADES

De luns a venres de 09.00 a 14:00 horas

Por motivos de conciliación as nenas e nenos participantes poderán chegar ó campamento dende as 8:15 da mañá e poderán permanecer ata as 14:45.

LUGAR DE REALIZACIÓN

Centro Municipal de Emprego. Estrada de os Fortes ao Monte de San Pedro, s/n. 15011 - A Coruña

PREINSCRICIÓN

Preinscrición: 22, 23 e 24 de maio na web coruna.gal/campamentos2023

Todas as preinscricións que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados na páxina de preinscrición non serán tramitadas.

As listas de preinscritas/os faranse públicas o 29 de Maio na web e no 010.

Poden consultar as listaxes de preinscripcións aquí:

www.coruna.gal/campamentos2023

O 30 e 31 de Maio poderán efectuarse reclamacións en canto ás listas de preinscritas/os.

SORTEO PÚBLICO

As prazas adxudicaranse por sorteo que se realizará o día 1 de xuño. As prazas ofertadas en cada grupo e quenda adxudicaranse pola orde resultante. O sorteo será público e consistirá na extracción dun número, para cada unha das quendas, que fixará a orde de preferencia para ocupar as prazas.

O 6 de Xuño publicarase a lista de nenas e nenos admitidos en cada quenda, nas webs municipais e no 010. Se a/o solicitante non está na lista de admitidas/os, estará na lista de espera. Se por algunha circunstancia especial, debidamente informada, algunha das/dos menores admitidas/os fose obxecto de especial protección non se publicará o seu nome nas listaxes oficiais.

Se quedan prazas vacantes, despois da inscrición das persoas admitidas, chamarase ás reservas pola orde correspondente.

INSCRICIÓN

A inscrición definitiva será o 7,8 e 9 e xuño a traves da Sede Electrónica do Concello da Coruña (https://sede.coruna.gob.es) ou remitindo a folla de inscrición definitiva ao correo omic@coruna.gal, xunto coa documentación acreditativa.

Se non se formaliza a inscrición no prazo indicado, a praza quedará libre.

REQUISITOS XERAIS

  • As nenas e nenos solicitantes deben estar empadroados/as no Concello da Coruña e ter entre 4 e 10 anos de idade, nacidos entre o 2013 e o 2019.
  • Só se admitirá unha persoa participante por quenda e só poderán acceder á outra quenda se quedasen prazas vacantes.
  • En todo caso, terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña e aquelas familias nas que ambos proxenitores/as estean traballando ou teletraballando e no caso de familias monoparentais.
  • Se por calquera circunstancia a persoa inscrita non pode acudir, deberá comunicar a baixa por escrito cinco días antes do inicio da quenda.
  • Finalizado o prazo de inscrición, se quedasen prazas libres, o servizo procederá a chamar ao seguinte da listaxe asignada por sorteo ata cubrir prazas.
  • No caso de irmáns para os que se solicite praza na mesma quenda se realizado o sorteo resultara o corte nun deles ampliarase o número de prazas para todos os irmáns solicitantes.
  • Contactaráse telefónicamente coas persoas das listaxes de agarda para saber se continúan interesadas en inscribirse. Realizaranse tres intentos de contacto telefónico a diferentes horas. De non se conseguir a comunicación, pasarase á seguinte persoa da listaxe de agarda.
  • Ao ser unha actividade de carácter gratuito e con alta demanda, duás faltas inxustificadas suporá a baixa inmediata da persoa participante nas actividades.
  • Para máis información e inscripción en https://www.coruna.gal/campamentos2023 (a infomación estará visible na web do Concello a partir do luns 15 ás 9 da mañá e a preinscrición comezará o día 22)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión