1 de enero de 2022
Amplíanse os prazos obrigatorios de garantía e de reparabilidade para aumentar a vida útil dos produtos
Ampliación dos prazos de garantía
A partir do 1 de xaneiro do 2022 os prazos de garantía aumentan de 2 a 3 anos para a compra de bens.
Isto supón maior durabilidade dos bens co obxectivo de lograr patróns de consumo máis sostibles. Para iso, a reforma aprobada incorpora a durabilidade dun produto como un criterio obxectivo para que o consumidor avalíe se está conforme coa compra, tal e como indica o Ministerio de Consumo.
Ademais auméntase o prazo para acreditar a falta de conformidade, de seis meses a dous anos. A partir de agora as persoas consumidoras só terán que demostrar que o produto non é conforme. Para opoñerse á reclamación da persoa consumidora, o empresario terá que demostrar que a falta de conformidade non existía nese momento.
Prazos de dispoñibilidade de repostos
Coa nova norma amplíase o prazo de subministración de repostos da 10 anos o que sen dúbida fomenta a reparación e o consumo sostible.
Novos dereitos na compra fora de establecemento mercantil
No caso dos contratos celebrados no contexto de visitas non solicitadas efectuadas polo empresario no domicilio do consumidor ou usuario ou de excursións organizadas polo empresario co obxectivo ou efecto de promocionar ou vender bens ou servizos, o prazo de desistencia é de 14 días naturas, amplíase a trinta días naturais a partir do 28 de maio do 2022.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible