Coñece a nova obra de María Acosta Díaz "Medidas desesperadas. Morte no parque", unha nova aventura de Carme Barbeito e Pablo Armengol.
Personas adultas
16/12/2022
Ya ha finalizado
Entrada libre ata completar a capacidade.
De 19.00 a 20.30 h.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
María Acosta presenta na Biblioteca Ágora "Medidas desesperadas. Morte no parque", que narra unha nova aventura de Carme Barbeito e Pablo Armengol, a parella de detectives privados do seu primeiro título "Patacas, e máis patacas : o misterio da Casa Grande".
Sinopse da obra
A tranquilidade da cidade da Coruña verase alterada outra vez por unha muller morta atopada nos arredores do Parque de Santa Margarita. Unha estrafalaria asociación de mulleres, roubos de obras de arte no rural galego, o centro da cidade como escenario das súas aventuras. Unha historia trepidante e sorprendente onde se une a descrición de dúas das realidades que afectan máis á sociedade galega, e on só a ela: a violencia dentro do fogar e o roubo do patrimonio galego con total impunidade.
Sobre a autora
María Acosta Díaz nace na Coruña en 1959. Nos anos 80 marcha a estudar Ciencias Políticas e Socioloxía na Universidade Complutense e en 1986 comeza o doutoramento en Antropoloxía Social, ao tempo que colabora en Onda Latina.
Iníciase na escritura a finais dos 80. Traballadora en diversos oficios, sempre compaxinou a súa carreira laboral coa escrita.
En 1999 volve á Coruña e continúa perfeccionando o seu coñecemento da lingua galega, que comezara a estudar pola sua conta poucos meses antes do seu regreso. En 2008 fai unha escolla: a súa lingua preferida para escribir será o galego. Desde aquela, fala, le e escribe na lingua do país.
A súa curiosidade lévaa ao estudo do italiano e, en 2010, acada o primeiro premio na modalidade de narración en italiano do VI Certame Literario John Towl, organizado pola Escola Oficial de Idiomas da Coruña, co relato "A faticosa vita dei professori".
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible