Concello da Coruña

Concello da Coruña

BFTBRSU

Beneficios fiscais na taxa do servizo de recollida de residuos, rede de sumidoiros e (para familias numerosas ou monoparentais) auga

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Tributario

Materia:

Facenda

Órgano responsable:

Economía e Facenda

Vixente:

Si

Concesión de beneficios fiscais na taxa por prestación do servizo de recollida de residuos, rede de sumidoiros, e na prestación por subministración e uso de auga potable e outros servizos auxiliares.

Poden ser de dous tipos: exencións (a pesar de que se realiza o feito impoñible a lei exime do cumprimento da obrigación tributaria principal) e bonificacións (porcentaxe de desconto a aplicar sobre a cota íntegra).

EXENCIÓNS:

  • (E.1) Os beneficiarios da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) e os acollidos a réximes protectores de carácter público análogos, tales como a renda activa de inserción (RAI), renda social municipal (RSM), ingreso mínimo vital ou se a unidade convivencial está formada por unha soa persoa a pensión non contributiva (PNC) (Ord. Fiscal nº 6 art. 6).
  • (E.2) Os suxeitos pasivos que acrediten que os ingresos familiares/unidade convivencial non pasan o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples)

BONIFICACIÓNS:

  • (B.1) Bonificación do 75 % na tarifa de vivendas para suxeitos pasivos que acrediten que os ingresos familiares/unidade convivencial obtidos por calquera concepto non pasan a cantidade resultante de multiplicar 1,5 polo Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM). (art. 6 OF nº 6).
  • (B.2) Bonificación do 50 % na tarifa para suxeitos pasivos aos que pertenza unha vivenda e que ostenten a condición de titular de familia numerosa ou monoparental. Esta última bonificación tamén é aplicable na tarifa de subministración e utilización de auga potable (factura da auga).

Beneficios fiscais: taxa do servizo de recollida de residuos, rede de sumidoiros e auga

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Están lexitimadas para solicitar, ben por si mesmas ou por medio de representante, o beneficio fiscal, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades referidas no artigo 35.4 da Lei 58/2003 que sexan suxeitos pasivos do imposto.

Requisitos:

Dependen do tipo de beneficio solicitado.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Dirección de Área de Economía de Facenda e Réxime Interior

Presentación

Prazo de presentación:

A solicitude pódese realizar ao longo do exercicio, con todo, e de acordo co establecido no art. 19.2 da Ordenanza xeral de xestión a aplicación dos beneficios fiscais en tributos locais requirirá a petición escrita da parte interesada e producirán efectos, ao tratarse dun tributo de devindicación periódica, dende a devindicación inmediata seguinte a ela, sempre que no devandito momento se reúnan os requisitos esixidos para o seu goce.

Con todo, segundo a disposición transitoria primeira da Ordenanza fiscal núm. 6, a partir do 1 de xaneiro e ata o 31 de marzo de 2022 poderanse presentar solicitudes para a súa aplicación no exercicio 2022. Unha vez finalizado o dito prazo as solicitudes terán efectos para o período impositivo seguinte.

Documentación necesaria:

Documentación que teñen que achegar as persoas beneficiarias de RISGA ou réximes protectores de carácter público análogos (E.1)

As persoas beneficiarias da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) e as acollidas a réximes protectores de carácter público análogos ao mencionado (art. 6 of núm. 6):

  • Certificación de estar incluído no programa social de que se trate (RISGA, RAI, PNC,RSM...). No caso de que se trate de persoas perceptoras de RISGA bastará con que non se opoñan á consulta por parte desta Administración. De opoñerse, deberán presentar a documentación esixida.
  • Factura que acredite a titularidade do contrato de subministración de auga con EMALCSA.

Documentación para achegar nas tarifas reducidas (E.2 e B.1):

  • Factura que acredite que é titular do contrato de subministración de auga con EMALCSA.
  • Copia da declaración do IRPF dos membros da unidade convivencial correspondente ao último exercicio ou autorización por escrito segundo o modelo oficial dispoñible para efectuar a consulta por parte desta Administración municipal ante a AEAT, aínda que non teñan a obriga de presentar a declaración da renda.
  • No caso de que algún/s membros da unidade convivencial sexa perceptor dalgunha pensión/prestación/subsidio deberá acreditalo mediante a presentación do correspondente certificado.
  • Se algún/s membros da unidade convivencial fose perceptor dunha prestación por incapacidade ou prestación do Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE) como demandante de emprego bastará con que non se opoñan á consulta por parte desta Administración, de opoñerse deberán presentar a documentación esixida.

Documentación para achegar para bonificación de familia numerosa ou monoparental (B.2):

  • Factura que acredite que é titular do contrato de subministración de auga con EMALCSA.
  • Título de familia numerosa ou monoparental.

Documentos relacionados

  • mod 044 Solicitude de beneficios fiscais de lixo (359 KB)
  • Autorización Renda Beneficios Fiscais Taxa de recollida e tratamento RSU (58 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Os documentos especificados no apartado "Documentación necesaria", para o beneficio fiscal que se vai solicitar.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez cuberta a solicitude telemática (modelo 044) debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a modalidade de exención ou bonificación que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través da Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitación telemática

IMPORTANTE:

Antes de aceptar continuar con esta tramitación, asegúrese de ter no seu ordenador o Modelo 044 de solicitude de beneficio fiscal RSU, dispoñible nesta mesma páxina, debidamente cuberto, xa que deberá achegalo a continuación.

Para que a súa solicitude sexa tramitada deberá achegar, ademais do citado Modelo 044, a documentación xustificativa do tipo de beneficio solicitado que se indica no apartado "Documentación necesaria".

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

O prazo máximo en que debe notificarse a resolución será de 6 meses que se contará desde a data en que o documento de solicitude tivese entrada no rexistro xeral do Concello da Coruña (art. 104 da Lei xeral tributaria e art. 67 da Ordenanza xeral de xestión). Cando se produza a paralización do procedemento por causa imputable ao interesado, a Administración municipal advertiralle que, transcorridos 3 meses, poderá declarar a súa caducidade.

Sentido do silencio administrativo:

Estimatorio

E despois?:

Contra a Resolución de concesión/denegación do beneficio fiscal poderanse interpoñer os seguintes recursos:

  • Recurso de reposición. Con carácter previo e potestativo o recurso de reposición previsto no art. 14 do RDL 2/2004 ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da recepción da notificación.
  • Reclamación económico administrativa. Contra a desestimación do recurso de reposición ou ante a ausencia de resolución expresa no prazo dun mes desde a súa interposición, poderá presentar a reclamación económico-administrativa, que terá carácter preceptivo previo ao recurso contencioso administrativo, prevista no art. 137 da Lei 7/85, ante o Tribunal Económico Administrativo Municipal, en idéntico prazo dun mes.

Non se poderán simultanear ambos os recursos. De producirse esta situación tramitarase o presentado en primeiro lugar e declararase inadmisible o segundo (art. 222 da Lei 58/2003).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión