Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

3 de decembro de 2019

28 entidades participan na 4.ª edición do Día das Persoas con Discapacidade na praza de María Pita

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Yoya Neira, participaron nesta cita co lema “Baixo o mesmo paraugas”, cuxo obxectivo é visibilizar unha sociedade diversa e plural

A alcalcesa, Inés Rey, e a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Yoya Neira, participaron esta mañá xunto a outros membros da Corporación e numerosas persoas representantes das 28 entidades que este ano conformaron a 4.ª edición do Día das Persoas con Discapacidade que se realizou na praza de María Pita.

"Baixo o mesmo paraugas" é o lema escollido para esta acción con que se pretende simbolizar a unión de todas as entidades que participan no desenvolvemento desta xornada, en que tamén colaboran o Concello, a Deputación da Coruña, Nós Why Not e a Asociación de Comerciantes Zona Obelisco.

Ás 12.00 h ducias de persoas xuntáronse na praza coruñesa para escoitaren o manifesto lido por varias persoas representantes de entidades e colexios da cidade.

O acto foi presentado pola rexidora Inés Rey, quen comezou o seu discurso asegurando que "non abrimos os paraugas pola chuvia, abrímolos para proclamar a defensa da igualdade na diversidade" e facéndovos saber a todas e a todos os presentes que o Goberno local "está con vós nesta loita, como non pode ser doutro xeito, porque son sempre  as barreiras que a sociedade vos impón as que vos fan a vida máis difícil. Estas barreiras son o voso principal obstáculo. E, polo tanto, o noso".

Canto ás entidades alí presentes, Rey dixo: "Quero poñer en valor o traballo que tealizades todas as asociacións que estades hoxe aquí, a vosa axuda é esencial no noso día a día como Administración pública. Sodes o espello en que debemos mirarnos. A vosa experiencia resulta esencial para pór en marcha políticas reais de inclusión".

Seguidamente, tomou a palabra Sonia Ruíz, directora xerente de Aspace, quen asegurou que "por cuarto ano consecutivo as principais asociacións da cidade e de Galicia conseguimos unirnos para defendermos as persoas con capacidades diferentes" e aludiu a este día de celebración como o "símbolo dunha sociedade plural e diversa que nos debe acoller a todas e a todos por igual, xa que todas e todos temos cabida e moito que achegar". Ruíz tamén lembrou que este ano era o primeiro en que as 80 entidades están presentes en todas as provincias galegas e agradeceulle ao Concello da Coruña o "fácil que llo puxeron este ano" e desexou que esta "paraugada" sexa o símbolo de unión destas asociacións durante todo o ano.

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión