Concello da Coruña

Concello da Coruña

Servizo municipal de atención a urxencias sociais SEMUS

Diríxese á atención de persoas especialmente vulnerables e que padecen situacións de risco que se presentan de forma imprevista.

É un servizo especializado que prestará atención cando os servizos sociais municipais e outros dispositivos públicos ou privados non están operativos.

A quen vai dirixido?:

Persoas en situación de especial vulnerabilidade: maiores, menores, persoas con discapacidade, persoas sen fogar, enfermos crónicos, etc.

Organiza:

Prestación desenvolvida en colaboración coa Cruz Vermella.

Requisitos:

Estar nunha situación de urxencia social que esixa unha intervención inmediata.

Horario: luns a venres de 18.00 a 8.00 h e as 24 os días non laborables.

Prazo de presentación:

Todos os días do ano.

Realizaranse intervencións desprazándose ao lugar onde se xera a emerxencia social, cun tempo de resposta breve e ofrecendo solucións, dentro das posibilidades reais, cos recursos existentes na cidade e acordes ao contexto no que se producen.

En todas as situacións emítese informe aos servizos sociais municipais co obxecto de valorar a ncesidade de dar continuidade ou realizar seguimento á situación atendida.

Máis información:

Para activar o servizo é necesario chamar á Policía Local (092) ou ás operadoras do Servizo de Teleasistencia se se é unha persoa beneficiaria deste servizo.

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión