21 de agosto de 2021
As persoas propostas como beneficiarias deberán aceptar ou renunciar á bolsa. Entenderase que aceptan a bolsa de comedor se, transcorrido o prazo de dez (10) días hábiles, non renunciasen de maneira expresa. Este prazo é do 23 de agosto ao 3 de setembro, ambos incluídos.
No Taboleiro de anuncios e Edictos do Concello da Coruña publicouse, con data 20 de agosto, a listaxe de persoas propostas definitivamente como beneficiarias e a puntuación outorgada na convocatoria de bolsa comedor para o curso escolar 2021/2022.
A listaxe publícase por orde alfabética segundo o código do asento. O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números (consultar o documento "Nota aclaratoria" ao final desta nova).
A listaxe mostra o proceso de valoración das persoas solicitantes beneficiarias:
CONCEDIDA: 10 ou máis puntos.
A puntuación total resultante deste proceso de valoración consta indicada na columna denominada "TOTAL", e que é a suma dos puntos asignados nas columnas A, B, C e D e que corresponden aos criterios de valoración que establece a base 9 da convocatoria.
Columna A: Situación económica da unidade familiar nuclear.
Columna B: Situación laboral.
Columna C: Situación sociofamiliar.
Columna D: Situación de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar.
As persoas que desexen renunciar á bolsa terán que manifestalo de maneira expresa ao Concello da Coruña presentando, a través do Rexistro municipal, dita renuncia. Este prazo é do 23 de agosto ao 3 de setembro, ambos incluídos.
Unha vez finalizado o prazo de aceptación da bolsa comedor; notificarase a resolución de todas as solicitudes (concedidas e denegadas). Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer de maneira potestativa recurso de reposición, no prazo dun mes ante o mesmo órgano que a adoptou, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Xulgado da Xurisdición Contencioso-Administrativo. Nos dous casos, computarase o prazo a partir do día seguinte de publicarse oficialmente a resolución da concesión definitiva.
Listado de persoas propostas definitivamente como beneficiarias e puntuación outorgada (228 KB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible