20 de febreiro de 2026
Prazo de presentación de solicitudes do 23 de febreiro ao 13 de marzo de 2026.
O 20 de febreiro publicouse no Boletín Oficial da Provincia o extracto da convocatoria de bolsas comedor para o curso escolar 2026/2027.
A solicitude específica, os anexos e o resto de documentación esixida na convocatoria poderán presentarse nos rexistros municipais, no rexistro telemático da sede electrónica municipal, así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, do 23 de febreiro ao 13 de marzo de 2026.
Os impresos estarán dispoñibles nas oficinas de todos os rexistros municipais, en centros cívicos municipais e na sede electrónica.
Requisitos
Entre outros,
En caso de resultar beneficiario/a, a asistencia continuada ao comedor de luns a venres durante todo o período lectivo, de setembro 2026 a xuño 2027 é obrigatoria.
A solicitude realizarase a nome da persoa beneficiaria (alumna/ou), debendo asinar a solicitude a persoa que represente legalmente á alumna ou alumno, no caso de que sexa menor de idade.
As bases da convocatoria e a documentación para presentar, pódense descargar na seguinte ligazón: Bolsas comedor . As bases da convocatoria atópanse na pestana "Sobre o procedemento" e a documentación atópase na pestana "Presentación".
Todos o listados obxecto de publicación (requirimento de corrección, listaxe provisional ...) identificarán a solicitude do alumnado atendendo ao código do seu expediente individual. Para facilitar a identificación do expediente de cada persoa solicitante, con cada publicación no taboleiro de anuncios que se realice ata a resolución da convocatoria, publicarase unha lista que identificará a totalidade das solicitudes presentadas no rexistro segundo o seu código de asento, xunto co número de expediente individual asignado e a data de entrada da solicitude no rexistro. No caso de que se produciu unha duplicidade na solicitude, a información sobre a axuda virá referenciada ao primeiro asento rexistrado da persoa solicitante.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible