Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de setembro de 2018

Bolsas para comedores escolares curso 2018/19

Publicación das listas definitivas

Publicación da lista definitiva de persoas beneficiarias das bolsas para comedores escolares.

No arquivo que contén esta noticia, aparecen ordenadas -segundo o número de DNI da persoa solicitante - as solicitudes presentadas para o programa de Bolsa comedor 2018/2019. Na listaxe recóllese tamén o número de bolsas solicitadas por unidade familiar, o centro cívico de referencia, a resolución da solicitude e a puntuación acadada despois da valoración.

As persoas solicitantes, cuxa resolución apareza nesta listaxe como concedida, deberán recoller no seu centro cívico de referencia o Anexo 2. Unha vez cuberto, asinado pola persoa solicitante e selado polo centro cívico, deberá ser entregado nunha oficina de Rexistro Municipal.

O persoal da oficina de Rexistro municipal escaneará o documento e devolveralle á persoa solicitante o Anexo 2 orixinal, que deberá ser entregado no centro educativo.

O prazo para recoller o Anexo 2 no centro cívico, rexistralo e posteriormente entregalo no comedor do centro educativo, é do 24 de setembro ao 5 outubro, os dous incluídos.

As persoas solicitantes deberán entregar un Anexo 2 por cada fillo/a que teña concedida a bolsa.

O prazo para interpoñer o recurso de reposición contra a lista definitiva sera do 22 de setembro de 2018 ao 22 de outubro de 2018, os dous incluídos. O criterio para contestar os recursos será a orde e a data de entrada no Rexistro municipal.

Documentos:

Lista definitiva de bolsas de comedor 2018-19 (387 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión