Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de maio de 2023

Campamentos tradicionais (pernoctación) verán 2023

Para nenas e nenos nados do 1/01/2007 ao 31/12/2015. A preinscrición será preferentemente en liña os días 22, 23 e 24 de maio

CAMPAMENTOS TRADICIONAIS Ou DE PERNOCTACIÓN

Preinscrición: 22, 23 e 24 de maio

*Un mesmo menor pode solicitar, indicando a orde de preferencia, ata dúas quendas de campamento.

**No momento no que se formalice a preinscrición, a persoa interesada recibirá un correo electrónico co resumo da mesma.

***A preinscrición das e os menores que soliciten praza de diversidade funcional acompañarase dunha ficha de . Coñecemento persoal para menores con diversidade funcional Esta ficha permitirá ás monitoras e monitores coñecer e planificar os apoios necesarios para unha correcta atención do/da menor.

****Os nenos e nenas que soliciten praza de diversidade funcional, terán unha numeración e un sorteo propio, que se realizará no centro cívico Monelos.

A preinscrición realizarase en liña no seguinte formulario: Preinscrición en campamentos de pernoctación de verán

Publicación de listas de preinscricións: 29 de maio

As listaxes poderán consultarse nesta mesma web, en https://www.coruna.gal/campamentos2023 así como no 010 ou nos centros cívicos

Reclamacións: 30 e 31 de maio chamando ao nº de teléfono 604 259 167 en horario de 9:30 a 19:30

Sorteo das prazas: 1 de xuño ás 10:00 h.

Publicación de listas de admisións: 6 de xuño nesta mesma web, en https://www.coruna.gal/campamentos2023 no 010 e nos centros cívicos municipais.

Inscrición e abono de 85 euros: 7, 8 e 9 de xuño no número de conta ES76 2100 4202 1822 0013 5451. Unha vez realizado o pago do campamento débese enviar a través deste formulario: Envío de autorizacións e xustificante de pago para o campamento tradicional de pernoctación

En caso de prazas vacantes, faranse as chamadas a quen quedase en lista de espera a partir do 13 de xuño.

*Se un/unha menor resulta admitido/a e ten irmáns ou irmás cun número correlativo de preinscrición, ben sexa anterior ou posterior, todas/vos obterán praza.

**Unha vez formalizada a inscrición, non se terá dereito á devolución da cota do campamento excepto por causas imputables ao prestador do servizo.

***Para aquelas persoas que non dispoñan de medios informáticos para realizar a preinscrición e inscrición por via telemática, facilítanse os seguintes números de teléfono en horario de 9:00 a 20:00:

  • 604 854 108
  • 634 093 865
  • 611 270 088

En caso de facer a preinscrición telefonicamente e aparecer na lista de admisións, para formalizar a inscrición enviarase o xustificante de pago por correo electrónico a: hebecampamento@gmail.com

Darase información a partir do día 7 de xuño no número de teléfono 644 103 231 en horario de 9:30 a 20:00 de luns a venres.

PERSOAS DESTINATARIAS

Para nenas e nenos nados entre do 1/01/2007 e o 31/12/ 2015

*Ofértanse prazas para menores con diversidade funcional en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. Contarán con monitoras e monitores de apoio que non realizará tarefas de carácter sanitario.

**Existe reserva de prazas para menores usuarias/vos de os programas sociais municipais.

QUENDAS

Do 16 de xullo ao 22 de xullo (de 8 a 11 anos)

Do 23 de xullo 29 de xullo (de 12 a 16 anos)

Do 30 de xullo ao 5 agosto (de 8 a 11 anos)

Do 6 agosto ao 12 de agosto (de 12 a 16 anos)

ESPAZO DE REALIZACIÓN

Albergue rural Vilariño de Conso (Vilariño de Conso-Ourense)

COTA DE INSCRICIÓN

85 euros. A cota inclúe o transporte e a comida diaria

ACEPTACIÓN DE CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN, OBRIGACIÓN DE INFORMACIÓN E CONSENTIMENTO INFORMADO

As persoas participantes deben comprometerse co cumprimento dunha serie de requisitos esenciais de carácter sanitario e legal a través dun documento de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado. Este documento terá que asinarse e ser entregado antes do inicio do campamento pola nai, pai ou responsable legal do/ da menor.

Envío de autorizacións e xustificante de pago para o campamento tradicional de pernoctación

Documentos:

Folleto informativo de campamentos tradicionais ou de pernoctación (2 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión