Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de xullo de 2023

Concesión de bolsas comedor curso 23/24. Proposta provisional

Proposta de resolución provisional da convocatoria de bolsas comedor curso escolar 2023/2024

Hoxe publícase no Taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña o anuncio relativo á proposta provisional de concesión de bolsas para o pagamento de comedores escolares no curso escolar 2023/2024.

As persoas interesadas poderán facer alegacións do 18 de xullo ao 1 de agosto (ambos incluídos), que se poderán presentar en calquera dos rexistros municipais, na sede electrónica do Concello da Coruña ou por calquera outro medio previsto no artigo16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.

LISTAXE TOTAL DE SOLICITUDES PRESENTADAS NA CONVOCATORIA 2023/2024 E EXPEDIENTE INDIVIDUAL ASOCIADO

Na mesma publicación pódese consultar a listaxe total de solicitudes presentadas na convocatoria 2023/2024 con número de expediente individual asociado. Esta listaxe identifica a totalidade das solicitudes segundo o seu código de asento, xunto co número de expediente individual asignado.

O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números. Nas solicitudes presentadas presencialmente en calquera dos rexistros municipais, este código aparece na casa "Identificador" da Portada Normalizada de Documento Electrónico que se entregou na oficina do Rexistro.

Se se presentou a solicitude no Rexistro do Ágora, o seu código de asento comeza por AGOE, no Fórum Metropolitano por FORE, en Mesoiro por MESE, na Franxa por FRAE e en María Pita por RMPE. Se se presentou na sede electrónica municipal, aparece no campo "código do asento" ou selo dixital de rexistro.

Documentos:

Anuncio con indicacións do modo de consultar as listaxes (337 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión