Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de novembro de 2021

Bono-Taxi

Convocatoria de axudas para o transporte de persoas con discapacidade

Convocatoria de axudas Bono-taxi. O prazo de presentación de solicitudes é desde o día 17 de novembro ao 16 de decembro de 2021.

O día 16 de novembro publicouse no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de axudas económicas para persoas con discapacidade, que por estar gravemente afectadas na súa mobilidade teñan problemas para utilizar os transportes públicos colectivos, co obxectivo de proporcionarlles un servizo de desprazamento en taxi durante o exercicio 2022.

As persoas beneficiarias, ademais dos previstos con carácter xeral no artigo 13 da Lei Xeral de Subvenciones deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 3 anos.

b) Residir no Concello da Coruña e constar como empadroada/o.

c) Ter recoñecida legalmente a condición de persoa con discapacidade mediante resolución (ou documento equivalente) do organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración competente na que conste que a discapacidade afecta gravemente á mobilidade e impide utilizar os transportes públicos colectivos.

d) No caso de que a persoa solicitante esté en activo, non ter recoñecido este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo. Nin tampouco ter dereito a este servizo a través de ISFAS, MUFACE ou outra entidade.

e) Se a persoa é maior de 18 anos, non constar como titular de vehículo.

f) Non dispoñer dunha capacidade económica, calculada conforme ao establecido na cláusula 6.4, superior ao 210% do IPREM vixente no ano 2022.

g) Estar ao corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), co Concello da Coruña, así como coa Tesourería da Seguridade Social.

Toda a información, procedemento e documentos atópanse na Sede electrónica do Concello da Coruña: Bono taxi

Documentos:

Bases da convocatoria en galego (732 KB)

Bases da convocatoria en castelán (790 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión