Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Convocatoria de bolsas para comedores escolares curso 2020/21
Convocatoria para a solicitude de bolsas para comedores escolares de alumnado, que acuda a centros educativos sostidos, total ou parcialmente, con fondos públicos.
A quen vai dirixido?:
Ao alumnado dos centros de educación infantil e primaria (CEIP), dos institutos de ensino secundario (IES) e formación profesional e dos centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos (CEE), sempre que estean localizados no termo municipal da Coruña e presten o servizo de comedor, cando reúna os demais requisitos que esixe esta convocatoria.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Dende o 01/06/2020 ata o 30/06/2020
En todo caso, se as circunstancias o requiren e para facilitar ao máximo o proceso de solicitude, propoñerase a ampliación do prazo para a súa aprobación pola Xunta de Goberno Local, o que se informará oportunamente polos medios habituais.
Aprobada finalmente a presentación de solicitudes ata o 30 de xuño, incluído.
Xa rematou
Inscricións:
Dende o 01/06/2020 ata o 30/06/2020
Requisitos:
Presentar:
Solicitude debidamente cuberta
Anexo I debidamente cuberto
Anexo II debidamente cuberto
Anexo III debidamente cuberto
Anexo IV debidamente cuberto
Anexo V debidamente cuberto
Libro de Familia ou documento equivalente que acredite a filiación ou representación legal. Nos casos en que o pai ou a nai non convivan, copia da sentenza ou convenio regulador que conteña as medidas paterno-filiais aprobadas xudicialmente.
Certificado escolar, ou copia da matrícula ou folla de solicitude da matrícula.
Igualmente no caso de opoñerse á consulta deberanse achegar coa solicitude os documentos sinalados na base 10.2 da convocatoria.
O propio modelo normalizado de solicitude contén un apartado específico onde as persoas interesadas poderán alegar outras circunstancias valorables para a concesión da bolsa de comedor. Estas circunstancias débense achegar cos documentos que as proben, e que están enumerados na base 10.3 da convocatoria.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible